Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Dumbría acolle os Campionatos Galegos de Slalom esixindo de novo a creación dunha Canle oficial

Dumbría acolle os Campionatos Galegos de Slalom esixindo de novo a creación dunha Canle oficial

Este domingo dispútanse no Campo de Slalom de O Couquiño, en Dumbría, os Campionatos Galegos de Promoción de Slalom, (benxamíns, Alevíns e Infantís). Unha perfecta cita para reivindicar a que a Xunta aprobe a adecuación dun treito do río Xallas para crear unha canle de slalom oficial.

Os membros do Club Piragüismo Dumbría, arroupados polos clubs de toda Galicia que asumen como propia esta petición, repartirán pegatinas, e vivirán co presidente da Federación Galega de Piragüismo unha cita para seguir pedindo un circuito que permitiría acoller probas internacionais de Slalom e concentracións de equipos foráneos.

No deportivo, por parte local participarán Iera Lema, Sabela Corbelle, Aroa López, Sara Fdez., Laura Caamaño, Xian Caamaño, Xesús Pena, Martín Fdez. Romar, Brais Sánchez, Roque González e Álvaro Herrero.

Novas relacionadas

Comentarios