Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Elian Numa, ao asalto do Campionato de Europa coa Selección Española

IMG-20210707-WA0058
Elian Numa en Tallín
Elian Numa, ao asalto do Campionato de Europa coa Selección Española
Tralo subcampionato de España sub23, o atleta ceense Elian Numa López Iglesias xa se atopa concentrado coa delegación da Selección Nacional sub23 para participar no Campionato de Europa de Atletismo 2021, en Tallín (capital da Replúbica de Estonia).

No día de onte fixéronlle entrega do dorsal así como da acreditación para poder participar neste campeonato que se desenvolverá do 8 ao 11 de xullo. O venres pola mañá disputará as semifinais dos 800 metros lisos a partir das 13:00, e se se clasifica participará na final do domingo ás 18:30.

Será o broche de ouro a un excelente ano para o novo deportista da Costa da Morte, conseguindo:

  • O Campionato Galego Absoluto de 1500 m. en pista cuberta o 14/03/2021.
  • Consecución da súa mellor marca na proba de 800m. lisos ao aire libre cun tempo de 1.47.87 en Granada o pasado 30/05/2021 (mellorando considerablemente a súa marca persoal anterior de 1.49.87).
  • O Subcampionato de España sub23 aire libre na proba de 800 m. lisos o 26/06/2021 en Nerja. (reditandoo por segundo ano)
  • E a súa recente participación no Campionato de España Absoluto, fai unhas semanas, non podendo clasificarse para a final pero entrando en segundo lugar na súa serie clasificatoria por detrás do atleta olímpico español que participará na próxima cita Olímpica Tokio, Adrián Ben.

 

NOVAS RELACIONADAS

 


 

Comentarios