Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: Só brilla o laranxa

FSF: Só brilla o laranxa

Ca novidade da implantación da Copa da Costa Feminina tamén comeza a semana o fútbol sala costeiro, Mágoa que os resultados non fosen de todo positivos.

Só o Amarelle Santa Comba sumaba os 3 puntos nunha nova vitoria, neste caso no derbi ante o Atletes de Esteiro, que manteñen as laranxas no alto da 1ª Galicia. Na mesma categoría ofilial do Fisober acadou un valioso e importante punto nun disputado partido no que o traballo defensivo, a actuación de Sharay, os paus e a sorte se alinearon a favor das novas xogadoras costeiras.

En Preferente, o Fisober disputou un partido foi moi igualado ante o Bembrive que finalmente se foi para terras viguesas.

Preferente, xornada 16

  • Resultado: RESULTADO: FISOBER F.S.F. – BEMBRIVE F.S. (3-5).
  • FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, María Dumbría, Ana; tamén xogaron: Mai, Carre, Laura, Noe.
  • Goles: 0-1 min 3 Laura, 0-2 min 6 Paula, 1-2 min 10 Adriana, 2-2 min 17 Noe; (descanso) , 2-3 min 31 Ana María , 3-3 min 32 Ana, 3-4 min 33 Paula, 3-5 min 34 Eva.

Lia Paula Fandino e Maria co Fisober Lía, Paula Fandiño e Maria no choque do sábado

A primeira ocasión foi para as visitantes nun lanzamento no que o rexeite de María Dumbría case se introduce na porta local. Aos tres minutos despois dunha xogada ensaiada de saque de esquina Laura adiantaba as visitantes. O Fisober respostaba cun roubo de Noe que creaba moito perigo no seu lanzamento, e Ana pedía un claro penalti, xusto antes de que as olívicas anotasen o segundo.

Pero non ficaron á espera as costeiras que pronto avisaron cun gran disparo de Noe que paraba a meta visitante, e con outro que se colaba tras tocar Adriana. Chegaban bos minutos de Fran Toba e Paula Fandiño avisaba con sendos tiros lonxanos, antes de que Noe empatase.

A segunda metade seguía co mesmo guión. Pasados uns minutos as visitantes tiñan unhas boas ocasións detidas por boas actuacións de Lía. Mediada esta segunda metade chegaron os minutos tolos e decisivos do partido. Primeiro Ana María facía o dous a tres para as visitantes. Pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que un balón colgado de Paula Fandiño e peiteado por Ana provocaba o tres a tres.

E aínda estaban celebrando o gol as costeiras cando unha falta no borde do área con xogada de estratexia visitante era rematada por Paula no segundo pau para voltear de novo o electrónico. E tan só un minuto despois de novo un saque de esquina propiciaba o quinto e definitivo gol visitante de Eva. Non se redían as locais e Paula Fandiño tiña unha ocasión para reducir distancias. Tamén a tivo Noe pero non chegou a bo porto o seu lanzamento. Incluso Carre pero o seu lanzamento era sacado pola porteira da mesma escadra. E volvía a tela Noe aparecendo de novo a porteira.

Carre co Fisober Carre  

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 12

  • Resultado: AD Atletes - Amarelle Concello Santa Comba (0-9)
  • A.D. Athletés FSF: Julia (P); Mari; Cris; Martina; Laura; Antía; Ana.
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Tania, Violeta, Ge, Nuria (cinco inicial), Alba, Paula, Andrea, Elsa.
  • Goles: 0-1 Tania (min. 1); 0-2 Tania (min. 6); 0-3 Paula (min. 10); 0-4 Alba (min. 16); 0-5 Tania (min. 22); 0-6 Elsa (min. 29); 0-7 Tania (min. 34); 0-8 Nuria (min. 37); 0-9 Andrea (min. 38).

Non puido contar o Atletes con varias xogadoras para enfrontarse ao líder da categoría, e as baixas notáronse. Ademais da diferencia que se expresa na táboa, as xalleiras tiveron un partido cómodo fronte a un rival da zona baixa da táboa, e leváronse os tres puntos dun pavillón de Esteiro que lucía media entrada na fría tarde sabatina.

O choque comezaba cas xalleiras dominando e as locais agazapadas atrás, pero nada máis comezar Tania xa abría o marcador para as visitantes, aproveitando un erro da defensa local. Nuria e Ge dominaban o tempo do partido e pouco a pouco ían caendo os goles laranxas, mesmo ca segunda unidade en pista.

Tralo descanso as esteirás saen un pouco mais ordenadas, o que, sumado a baixada de intensidade das visitantes, fai que o Athletés consiga enlazar algunha que outra xogada e chegar os dominios da porta do Amarelle, pero sin que leve demasido perigo a porta de Nerea. No treito final as xalleiras completan a goleada.

1ª Galicia Senior Femenina, xornada 12

  • Resultado: MELIDE F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F. (0-0).
  • FISOBER B: Sharay, Kenny, María Maroñas, Uxía, Saray; tamén xogaron:: Serena, Andrea, Lucía Martínez, Nerea.

Viaxaba o filial con cinco infantís, dúas cadetes e coa infantil Sharay que polas baixas debeu pasar da pista a portería, na que fixo unha excelente actuación deixando a porta a cero.

Comezaba o partido con tranquilidade e sen moito ritmo, pero coas locais máis incesivas con balón. Co paso dos minutos as cousas seguían con dominio e ocasións locais pero sen resultado. As locais incluso se toparon co pau cando non aparecía Sharay.

A volta de vestiarios as locais deron un paso máis na súa presión, complicando aínda máis as costeiras se cabe. Pero de novo a sorte dos paus e o bo facer de Sharay impedía que as locais abriran a lata.

Liga Foro 16 Feminismo, xornada 15

  • Resultado: Jimbee Roldán FSF - Viaxes Amarelle FSF (4-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Iraia, Martita, María Gómez (cinco inicial), Inés Suárez, Irune, Mónica, Reneé.
  • Goles: 1-0 Consu (min. 13); 1-1 Patri (min. 19); 2-1 Consu (min. 22); 3-1 Miriam (min. 23); 4-1 Mayte (min. 31).

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, afrontaba este domingo o último partido da primeira volta e facíao visitando ao vigente campión da última tempada na Primeira División Nacional Feminina, o Jimbee Roldán FSF. As herculinas afrontaban un encontro moi serio, que terminaron a primeira parte con táboas; pero no inicio da segunda parte as locais conseguiron ampliar distancia no marcador, que as herculinas non foron capaces de recuperar pola falta de gol, e terminaron cunha derrota por un marcador de 4-1.

O gol laranxa, que servía para empatar o marcador aínda na primeira, foi da capitana, a muxiá Patri Romaní.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/futfem-prantando-cara-ao-lider-ascendendo-posicions-e-preparando-a-copadacosta-feminina/ https://quepasanacosta.gal/fsf-gol-camellan-e-vitoria-na-maxima-categoria/

Comentarios