Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Grandes Mestres no IV Aberto de Xadrez Concello de Carballo

presentacion_xadrez Carballo
Na presentación estiveron o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, Javier Teixeira, presidente de O Toque Xiria; o alcalde Evencio Ferrero; Óscar de Prado e Laureano Falla do Toque; e o Concelleiro de Turismo, Xosé Regueira.
Grandes Mestres no IV Aberto de Xadrez Concello de Carballo

Continúa o circuito galego de xadrez percorrendo a bisbarra. En xullo estivo por Camariñas e e despois arrincaba o mes de agosto en Carnota. Para setembro tócalle facer parada en Bergantiños, no IV Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo que se disputa do 1 ao 7 de setembro.

A proba, valedeira, para ELO internacional e nacional, contará cuns 70 participantes, entre os que destacan Grandes Mestres como o mozo hindú Gukesh D, campión do mundo sub14 e terceiro Gran Mestre máis novo da historia (con 12 anos…). Ofrecerá unha exhibición de partidas simultáneas fronte a 20 opoñentes o sábado día 4 na Praza do Concello.

Por primeira vez utilizarase o formato suízo a 9 roldas (unha diaria), un sistema ata o de agora inédito en Carballo, reservado a torneos en cidades coma Pontevedra, Ourense e Ferrol e a localidades con gran tradición en torneos de xadrez coma Mondariz, Sanxenxo ou Cambados.

Con este torneo, o club O Toque Xiria Carballo aspira a consolidarse como un referente do xadrez galego tanto en organización de eventos coma dende o punto de vista deportivo, celebrando o ascenso do club á máxima división galega de xadrez en 2020 e na que competirá en 2021 e 2022.

cartel-carballo-2021- Carballo

Novas relacionadas

Comentarios