Venres. 19.04.2024
El tiempo

Guía para disfrutar o Gran Fondo Ézaro

1.000 inscritos participan na proba deportiva máis multitudinaria e segura deste 2021
GF_Ezaro_2019_12813-1024x683
Guía para disfrutar o Gran Fondo Ézaro

Este domingo 11 de xullo chega a meirande proba deportiva do ano na Costa da Morte. O Gran Fondo Ézaro 2021 volve con máis forza que nunca.

Se ben este ano non pode servir de evento internacional puntuable para a UCI World Series, (cualificación que se retomará o próximo ano), a atención mediática será máxima arredor dunha das probas máis esixentes do calendario estatal.

Serán finalmente 1.000 os inscritos na proba, que contará con todas as medidas de seguridade oportunas, como o test de antíxenos que farán todos os participantes o día anterior no parque empresarial de Cee, ou a saída neutralizada ou o avituallamento individualizado.

A subida do Muro (que lamentablemente volverá estar pechada para o público), eses 1,8 km con rampas de case que o 30% de desnivel, convirten o Alto do Mirador do Ézaro (1ª Categoría) nun auténtico desafío para ciciistas chegados de todas partes da península. Unha demostración de que a proba tamén é un bo acicate para o sector turístico dos concellos por onde pasa (Dumbría, Cee, Muros, Muxía, Carnota e Vimianzo) pero tamén de toda a Costa da Morte.

O percorrido

Ruta Corta e Ruta Longa do Gran Fondo Ezaro 2021
Ruta corta e ruta longa

Este ano a gran novidade é o paso polo Faro Touriñán. Como sempre haberá dúas rutas, e ambas sairán da cascada ás 9:00h. Repasamos aquí o rutómetro:

- Ruta Corta: Collerán a AC-550 dirección Cee, pasando por Ameixenda (entre as 9:07 na previsión máis rápida e as 9:10 se a carreira vai máis lenta) para entrar no casco urbano de Cee (9:15-9:20), pasando pola Avenida Fernando Blanco ata coller a AC-552 dirección Carballo. En Lobelos (9:23-9:30h) collerán cara Muxía por Pereiriña, pasando por Frixe (9:34-9:44), Viseo (9:42-9:55) ata entrar en Muxía (10:00-10:19). Na vila da Barca pasarán pola Rúa Real, a Rúa Ramón Caamaño e Rúa Atalaia ata o Santuario da Virxe da Barca (10:03-10:23).
Volverán polos Muíños ata Berdoias (10:35-11:04), seguindo de fronte cara Boudañeira, Berdeogas ou o Cemiterio de Cores. Pasarán polo Conco (10:53-11:27) para subir ata o alto de 3ª categoría da fábrica de Dumbría (10:58-11:34), para baixar por Buxantes, Raso, ata a praia do Ézaro. Comezarán a subida entre as 11:28 e ás 12:13, para chegar os máis rápidos arredor das 11:30h e os máis lentos ás 12:17.

- Ruta Longa: A ruta é a mesma ata a praia do Ézaro, a partir de aí, seguirán cara Muros, pasando polo Pindo (11:30-12:16), Caldebarcos, Carnota (11:53-12:47), Louro e Muros (12:22-13:24) ata Abelleira, onde comeza a subida ao porto das Paxareiras. No alto farán avituallamento (12:49-14:00) e baixarán pola estrada do Viso enganchando coa AC-500 (13:02-14:17). Chegarán ao Ézaro (13:22-14:43) para comezar o Alto do Ézaro, para chegar os máis rápidos arredor das 13:27 e os máis lentos sobre as 14:47.

Cortes de tráfico

- Acceso á cascada do Ézaro: Corte da circulación, desde as 09:00 horas do día 09 de xullo, ata as 21:00 horas do día 11 de xullo, na DP-2308, desde o cruzamento coa AC-550 (á altura do km. 09,600) ata o mirador de Ézaro, queda supeditado pola duración do corte, excepto para os traballadores da central hidroeléctrica, veciños e usuarios do porto deportivo, situados todos eles, entre os puntos de corte.

- Estrada ao Faro Touriñán: Día 11 de xullo de 2021. Corte da circulación na pista que leva cara ao Faro de Touriñán, vía que une o km 12,5 da DP-2301 co km 12,3 da DP-5201, así como a vía DP-5201 (Muxía- Touriñán) desde o km 0 ao 12,300, entre as 09:10 e as 10:10 horas.

- Acceso de Berdeogas a Dumbría: Día 11 de xullo de 2021. Corte da circulación da vía AC-442 (Berdeogas-Boudañeira) entre o quilómetro 1 e o quilómetro 3,800, entre as 10:25 e as 11:25 horas.
Corte da circulación na vía de acceso ao cemiterio de Cores, que trascurre de AC-442 (á altura do km.0,950) á DP-3404 (á altura do km. 31,950), en horario de 10:30 a 11:30 horas.

- Acceso ao Alto do Hospital dende BrensDía 11 de xullo de 2021. Corte da circulación na totalidade da calzada DP2302 (Hospital-Brens) entre as 10:45 e as 12:00 horas.

- Subida ás Paxareiras por Abelleira: Día 11 de xullo de 2021. Corte da circulación en sentido descendente, desde Paxareiras ata Abelleira, na DP-5304, en horario de 12:20 a 14:00. Poderase circular con precaución en sentido Ascendente desde Abelleira ata Paxareiras.

- Baixada a Carnota dende Paxareiras: Día 11 de xullo de 2021. Corte da circulación na vía municipal interurbana sen denominación que vai de Paxareiras a Ou Viso, desde a AC-400 km 85,200 ata o quilómetro 21 da estrada AC-550, pasando pola zona da Rateira e San Mamed, en horario de 12:40 a 14:30 horas.

Aviso de retencións

-Estrada AC-550 Cee-Muros: Desde o cruzamento da zona da cascada do Ézaro ata Cee, en horario de 9:00 a 9:20.
Desde CEE ata Abelleira, en horario de 11:15 a 13:40.
Desde o cuce de Ou Viso (Carnota) ata Ézaro, en horario de 13:00 a 15:00.

- Estrada AC-552 Cee-Carballo: Desde CEE, ata o cruzamento coa DP-2303 dirección Muxia, de 9:20 a 9:30.

- Estrada AC-440 Muxía-Berdoias: Desde Muxía, ata o cruzamento coa AC-441 dirección Muxia, de 10:00 a 10:15.

- Estrada DP-3404 Serra de Outes - Dumbría: Desde Dumbria, ata o alto do Hospital no cruzamento que leva a Cee, de 10:50 a 11:35.

- Cruce de Berdoias: Na AC-552, á altura de Berdoias, posibles retenciones en ambos sentidos da vía, á altura do cruzamento da estrada de Muxia a Negreira. Horario de 10:30 a 15:15.

- Estrada AC-4000 Cerceda - Muros en Paxareiras: Na AC-400, na zona de Paxareiras, á altura do cruzamento coa estrada DP-3404, posibles retenciones en ambos sentidos da vía, no horario de 12:30 a 14:00.

NOVAS RELACIONADAS

 

Comentarios