Venres. 26.04.2024
El tiempo

Nando Baña, orgullo xalleiro, disputa o Open Internacional Isla de Gran Canaria de Taekwondo

Nando Bana co alcalde de Santa Comba David Barbeira
Nando Baña co alcalde de Santa Comba David Barbeira
Nando Baña, orgullo xalleiro, disputa o Open Internacional Isla de Gran Canaria de Taekwondo

O novo taekwondista xalleiro Fernando Baña Amigo participará durante este fin de semana no XXXV Open Internacional Isla de Gran Canaria que se celebra na localidade de Telde, un nos eventos máis relevantes la Liga Española de Taekwondo polo nivel dos seus competidores, moitos deles do ámbito internacional.

O xalleiro, integrante do Clube Maniotas de Noia competirá na categoría xúnior nun dos pesos que congregan máis competidores (-63 kg) e de máis nivel, ainda que Baña, logo de superar uns problemas de xeonllo durante a semana, afronta este Open coa máxima ilusión para sumar puntos no seu ranking e seguir na progresión positiva desta temporada.

Expedicion do Club Maniotas camino das Islas
Expedición do Club Maniotas camiño das Islas

A pasada semana, logo de 2 meritorias victorias en combates contra taekwondistas portugueses, acadaba un cuarto posto, lastrado por unha lesión que lle impediu competir nas semifinais do Open de Pontevedra.

Baña levará ademais a indumentaria que lucirá nos eventos ós que acuda, co escudo do concello de Santa Comba presente nun lugar privilexiado.

kimono OrgulloXalleiro de Fernando Bana

Novas relacionadas

Comentarios