Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Natación 100x100 solidaria

Natación 100x100 solidaria
100x100_solidario_media_ducia

Nova demostración do potencial que teñen as accións deportivas e solidarias a un tempo. Así o demostra a agrupación Media Ducia, que xunto ao Concello carballés e a Cruz Vermella, preparan xa unha proba de natación 100x100 solidaria, para conseguir produtos de hixiene infantil para as familias máis necesitadas.

A cita será o 4 de febreiro, como anunciaron esta fin de semana os membros do equipo de triatlón da entidade nun acto que tivo lugar na piscina Carbalo Calero, que será o escenario da iniciativa. Na proba 100x100 participarán seis equipos de catro membros, de xeito que cada un deles terá que nadar 2.500 metros. Os equipos xa están conformados e adestrando. Pero antes de que se lancen á piscina levarase a cabo unha proba 16x25 na que poderán participar afeccionados de todas as idades. As inscricións están abertas a través da páxina web e o Facebook da AD Media Ducia, así coma do correo electrónico [email protected]. O obxectivo é contar tamén con seis equipos.

Marcos Periscal, membro de Media Ducia, lembrou que a entidade xa colaborou coa Cruz Vermella na campaña de recollida de Reis. Agora, en vez de xoguetes, o público que asista á proba de natación terá que achegar algún produto de hixiene infantil. Desta volta, servirán para mercar cueiros, toalliñas, aceites e cremas hidratantes ou calquera outro produto de hixiene, ou mesmo de alimentación, para bebés.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios