Martes. 16.04.2024
El tiempo

O tenis de mesa costeiro demostrou o seu potencia na Estrada pero quedou ás portas do campionato Estatal

O tenis de mesa costeiro demostrou o seu potencia na Estrada pero quedou ás portas do campionato Estatal

Ata A Estrada desprazaronse un total de 11 xogadores/as do AD Zas. Competiron a un nivel moi bo, pero ningún dos 11 conseguiron o pase para o Campionato Estatal do vindeiro mes de febreiro.

Tres das nosas xogadoras clasificaronse na fase de grupos: Lara Romero, Ana García e Miriam Domínguez. Lara Romero realizou unha estupenda fase de grupos deixando patente a súa progresión pero logo no cadro xa se lle fixo moito superar o nivel das rivais. Ana e Miriam cumpliron cos pronósticos ao claificarse na fase de grupos e nos cadros tocáronlle a Ana contra a súa amiga Antía Rama e desta vez Antía superouna. Miriam, pola súa parte, tivo enfrente outra vez a Noa Bernárdez e outra vez venceu a xogadora pontevedresa.

En canto ao resto dos xogadores, competiron ben pero non tiveron sorte cos grupos pois tocoulles cos mellores xogadores da zona norte de España, polo que só cómpre darlle a noraboa polo seu bo rendemento na competición de alto nivel.

Con todos eles estivo Miguel Rey dándolles os consellos oportunos no que tamén axudaron o resto de compañeiros sobre todo Ana García e Brais Blanco. Miguel Rey tamén tivo que actuar de árbitro ao non haber suficientes para todas as mesas.

Na foto, Miguel Rey que estivo os tres dias que durou o zonal en A Estrada desempeñando varias funcións, como adestrador do s xogadores do AD Zas, como árbitro, ante a insuficiencia destes, e como seleccionador galego visionando todos os xogadores posibles da súa próxima convocatoria e vendo tamén o nivel dos rivais. Miguel Rey estivo os tres dias que durou o zonal en A Estrada desempeñando varias funcións, como adestrador do s xogadores do AD Zas, como árbitro, ante a insuficiencia destes, e como seleccionador galego visionando todos os xogadores posibles da súa próxima convocatoria e vendo tamén o nivel dos rivais

Nova xornada

No ximnasio do CPI de Zas xogaranse os seguintes partidos durante o sábado 10 de decembro

  • 2ª División nacional: 17’00 AD ZAS PONCIANO NIETO – Galmédica Ourenso
  • 2ª División Galega:
    - 16’30 AD Zas Dimobel Bazar Baio – Finisterre Deseñarte de A Coruña;
    - 16'30 AD Zas O Pinar - Finisterre Sphera;
    - 18’30 AD Zas O Pinar – Finisterre Deseñarte;
    - 18’30 AD Zas Dimobel Bazar Baio – Finisterre Sphera;
    - 17'00 A Estrada TM - VTM Pinturas Figueiras.
  • 1ª División Galega. 18’00 Oroso – AD Zas Construc. Cernadas.

Para o domingo 11 de novembro queda o:

  • 3ª División Nacional: 11’00 Concello Mazaricos – CTM Coruña.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-tenis-de-mesa-afronta-unha-ponte-de-defuntos-chega-de-accion/

Comentarios