Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os concellos xa poden tramitar as axudas para a promoción económica, servicios sociais, cultura e deporte

Os concellos xa poden tramitar as axudas para a promoción económica, servicios sociais, cultura e deporte
Recentemente o concello de Vimianzo e a Deputación da Coruña asinaron un convenio para o mantemento da Mostra de Artesanía en vivo do Castelo Recentemente o concello de Vimianzo e a Deputación da Coruña asinaron un convenio para o mantemento da Mostra de Artesanía en vivo do Castelo Como cada ano, a Deputación da Coruña ven de publicar no BOP - Boletín Oficial da Provincia - de onte a convocatoria anual de subvencións dirixidas a concellos e entidades locais da provincia coruñesa para o ano 2016. A través desta liña de subvencións, o organismo provincial apoiará aos concellos coruñeses no financiamento de actividades e investimentos en materia de promoción económica e turística, cultura e deporte, desenvolvemento de políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero, servizos sociais,  mantemento de conservatorios e escolas de música municipais, programas de envellecemento activo, e creación e mantemento dos servizos municipais de normalización lingüística. A solicitude das axudas realizarase de forma telemática e o prazo remata o 18 de decembro de 2015. Os programas publicados no BOP de onte son:
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para a creación, mantemento e reforzos dos servizos de normalización lingüística. Destinaranse a financiar as retribucións do persoal técnico dos SNL municipais ata un máximo de 12.000 euros.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para actividades e investimentos en materia de promoción económica. As axudas irán destinadas a actividades de fomento do emprego, desenvolvemento económico e apoio ao comercio así como a equipamentos de interese municipal ou comarcal como alumeado público, recuperación de núcleos rurais degradados, ou rehabilitación de construcións de valor histórico local para convertelos en edificacións de uso público como bibliotecas, escolas infantís ou centros sociais. O máximo subvencionable será de 65.000 euros para os concellos que opten a ambas liñas de subvención (actividades e investimentos) e de 50.000 € se optan só a unha das dúas.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para investimentos e actividades en promoción turística. As axudas irán destinadas a financiar melloras das infraestruturas turísticas como albergues turísticos municipais, sinalización turística, creación e acondicionamento de rutas ou equipamento de oficinas e puntos de información turística. No apartado de actividades poderanse financiar campañas de promoción turística, cursos de formación e organización de visitas turísticas. A subvención máxima neste será de 50.000 euros para investimentos e 30.000 euros para actividades.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para o desenvolvemento de políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero. Irán destinadas a planificación en materia de igualdade de xénero, fomento do emprego en igualdade de oportunidades, proxectos de conciliación e responsabilidades compartidas, prevención e sensibilización contra a violencia de xénero ou tratamento integral das persoas afectadas por esta situación. A subvención máxima neste apartado será de 40.000 euros.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para o mantemento de servizos sociais. Para o financiamento de servizos sociais comunitarios básicos, específicos e especializados, cun importe máximo de 45.000 euros.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para a contratación de animadores culturais. A subvención máxima neste apartado será de 10.000 euros.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música, e escolas de danza municipais. Os concellos poderán presentar ata tres solicitudes, uha por cada centro do que sexan titulares. A axuda máxima para os conservatorios será de 20.000 euros, e de 10.000 para as escolas de música e danza.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para infraestruturas e equipamentos culturais. Neste caso financianse reformas, ampliacións e mellora de inmobles, así como equipamentos e mobiliario.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para actividades culturais. As axudas destinaranse a actividades culturais dos concellos, incluindo proxectos específicos ou programacións anuais.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para contratación de persoal técnico deportivo. Para garantir o desenvolvemento de programas deportivos de carácter estable dos concellos. A axuda máxima será de 10.000 euros.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para equipamentos, infraestruturas e actividades deportivas. A axuda máxima será de 50.000 euros en cada un dos apartados.
  • Convocatoria destinada a concellos e entidades locais para programas de envellecemento activo. A axuda máxima será de 3.000 euros para programas de sáude e calidade de vida, participación social e convivencia interxeracional.
Na Costa da Morte son varios os concellos que aproveitan este tipo de subvencións para potenciar os seus recursos turísticos. Tal é o caso do concello de Vimianzo a través da súa Mostra de Artesanía Viva situada no castelo da vila. Fonte

Comentarios