Sábado. 18.09.2021
El tiempo

As promesas do ciclismo de toda a península chegan á Costa na III Challenge Junior Carballo

, Vanesa Loureiro, no acto de presentación da proba. Con ela estiveron José Manuel Abal, en representación da Federación Galega de Ciclismo; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
O concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; Vanesa Loureiro, do Club Ciclista Carballo e José Manuel Abal, da Federación Galega de Ciclismo, durante a presentación
As promesas do ciclismo de toda a península chegan á Costa na III Challenge Junior Carballo

A Challenge Júnior regresa a Carballo. O sábado 28 e o domingo 29 chegarán 90 ciclistas de 18 equipos do noroeste español e Portugal para esta proba na que o Club Ciclista Carballo é anfitrión.

Unha desas probas que tamén serve a nivel turístico pois serán moitos familiares, os representantes dos equipos… os que acompañen aos protagonistas aloxándose na comarca.

Serán 3 etapas:

  • Razo-Monte Neme, unha contra-reloxo individual de 3,15 quilómetros que arrincará o sábado ás 11.00 horas.
  • Avenida da Milagrosa-Avenida da Milagrosa: 90 quilómetros de percorrido polas parroquias do interior do municipio de Carballo e parte do de Coristanco, tamén o sábado ás 17.00 horas.
  • Piscina Carballo Calero-Pedra do Sal: 76,4 quilómetros por un completo itinerario polo litoral carballés e zonas de Malpica, con saída o domingo ás 10.00 horas.

A celebración da carreira provocará cortes de tráfico breves e puntuais polas zonas polas que pasa.

comentarios