Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Samuel Sánchez, un ouro olímpico para desafiar o Alto do Ézaro

Samuel Sanchez estara no Gran Fondo Ezaro 2020
Samuel Sánchez, un ouro olímpico para desafiar o Alto do Ézaro

Comeza o carrusel de grandes ciclistas de hoxe e de sempre, que estarán presentes o próximo 5 de xullo no Gran Fondo Ézaro - Fin do Camiño. Esa cita xa imprescindible do circuito ciclista internacional (é a única en España incluída no calendario da UCI Gran Fondo World Series) que percorrerá un ano máis as espectaculares estradas da Costa da Morte (Dumbría, Cee, Carnota, Muxía, Muros e Vimianzo) para finalizar na icónica rampa de cemento do mirador de Ézaro, co seu desnivel do 30%.

Hoxe, a organización anuncia a presencia do histórico ciclista Samuel Sánchez, ouro olímpico nos xogos de Pekín 2008. O seu é o primeiro gran nome que se confirma na edición 2020 nun pelotón que volverá superar os 1000 ciclistas, chegados de todo o planeta.

Lembren que o ciclismo será protagonista este verán na comarca, como motor económico-turístico, pois La Vuelta terá un dos grandes focos de atracción na contrarreloxo do 1 de setembro con final no Alto do Ézaro.

Novas relacionadas

Comentarios