Luns. 14.10.2019
El tiempo

O Trail Terras de Pondal volve con potencia aos montes de Ponteceso

Imaxe do Trail Terras de Pondal de 2016
Imaxe do Trail Terras de Pondal de 2016
O Trail Terras de Pondal volve con potencia aos montes de Ponteceso

Segue a ser o deporte un gran motor de atracción na Costa da Morte. A seguinte cita importante, tralo espectacular e inclusivo Trail Monte Pindo, e unha semana despois do Trail Nocturno Cova do Lobo de Zas, terá lugar o vindeiro domingo 18 de agosto en Ponteceso, onde o club Brigantia Aventura e a Agrupación Deportiva Abellariza organizan III Trail Terras de Pondal. Unha cita que parte e remata na Praza do Pan da vila de Corme-Porto.

A organización recupera esta proba (non se realizaba dende o éxito de 2016, que percorre zonas de miradores naturais perdidos dentro dos montes da zona, así como as vistas da ría de Corme-Laxe.

Trail Terras de Pondal 2019-Cartel

Haberá 3 distancias:
- Trail longo: 24 km con 1130 metros positivos.
- Trail curto: 15.4 km e 650 metros positivos.
- Andaina (non competitiva): 11 km e 500 metros positivos.

Ao rematar, ademáis da entrega de trofeos para as primeiras e primeiros clasificados de ambas distancias e categorías (senior e veterana), haberá unha degustación para todos os participantes.

Cada participantes recibirá un agasallo conmemorativo da carreira coa súa asistencia á mesma. As inscricións están abertas na web www.championchipnorte.com, estando xa no centenar de isnscricións dun máximo de 400 inscritos no día de hoxe.

Todas as persoas interesadas poden ver a información da carreira na dirección https://trailterrasdepondal.blogspot.com/.

Npvas relacionadas

Comentarios