Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un venres de vertixe atlética en Cee

Un venres de vertixe atlética en Cee
Imaxe da xornada matutina escolar no San Paio de Refoxos-Foto-Juan Trillo O pasado venres foi un deses días nos que o atletismo se convirte en auténtico protagonista. Mentres a familia do AD Olimpia participaba na fase comarcal, o San Paio de Refoxos acollía unha espectacular xornada escolar, nada menos que con 800 participantes de 15 centros educativos de toda a comarca, ademais do propio club deportivo ceense. E iso que facía un frío que pelaba, cousa que non impediu que ducias de familias acompañasen aos seus pequenos e pequenas nesta xornada de deporte e disfrute, onde a competitividade é o de menos.
Cheo no San Paio de Refoxos para a xornada escolar-Foto-Juanma Trillo Cheo no San Paio de Refoxos para a xornada escolar-Fotos-Juanma Trillo

Bo papel do Olimpia nos campionatos comarcais

Familia do AD Olimpia nos provinciais Familia do AD Olimpia nos comarcais Xa pola tarde, a competición volvía ao campo ceense coa fase comarcal de campo a través en categoría escolar na que participaron en torno a 700 rapaces e rapazas en categorías Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes. A representación máis numerosa correspondeu a Asociación Deportiva Olimpia que presentou na liña de saída en torno a 70 atletas en idade escolar, mostrando a boa labor que está realizando a asociación no fomento do deporte entre os máis novos. Ademais dunha alta participación, os resultados obtidos foron excepcionais pois a A.D. Olimpia conseguiu o primeiro posto por equipos en tódalas categorías agás na categoría Infantil Masculino na que foi terceira. A nivel individual conseguíronse 5 primeiros postos, 4 segundos postos e 3 terceiros postos. En Benxamín Femenino, Carolina Rojo foi 1ª En Benxamín Masculino, Mateo Fernández foi 2º En Alevín Feminino, Liana Quintela, Martina García e Sabela Carreira ocuparon as tres primeiras posicións En Alevín Feminino, Juan Castiñeira e Pablo Taboada foron 2º e 3º En Infantil Feminino, Sonia Canosa e Laura Castiñeira foron 1ºª e 3ºª En Cadete Feminino, Julia García e Antía Lagoa foron 1º e 3ª Finalmente en Cadete Masculino, Miguel Quintáns foi 1º.

Vindeira proba para o cadro ceense

Debido a estes bos resultados a A.D. Olimpia foi quen de clasificar a un total de 49 atletas para a fase intercomarcal que terá lugar o vindeiro venres 25 de xaneiro en Porto do Son, e onde seguramente volva a ser o clube máis numeroso da competición.

O atletismo escríbese en nome de muller

Atletas do Olimpia nos provinciais Atletas do Olimpia nos comarcais Outro detalle que salienta Jose Lago, coordinador do Olimpia é que do total de 49 atletas clasificados para a seguinte fase, máis dun 60% correspondente a atletas da categoría feminina o que pon de manifesto que o deporte feminino, e máis concretamente o atletismo, está en auxe e vai a máis cada día, e "para a A.D. Olimpia é un orgullo contribuír a que isto continúe deste xeito".

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-olimpia-segue-correndo-con-combustible-de-bazarra/ https://quepasanacosta.gal/o-olimpia-e-rocio-alvite-premiados-no-v-circuito-provincial-de-carreiras-populares/ https://quepasanacosta.gal/comeza-unha-nova-e-ilusionante-temporada-para-a-familia-do-olimpia/

Comentarios