Mércores. 24.04.2024
El tiempo

“Tan lonxe e tan preto”: unha homenaxe aos emigrantes dende Ponteceso

“Tan lonxe e tan preto”: unha homenaxe aos emigrantes dende Ponteceso
Anunciou o pasado sábado na XX Feira das Fabas o alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, a creación dunha xornada de homenaxe á emigración de Ponteceso en Europa e América. Unha xornada que se coñecerá co nome, "Tan lonxe, tan preto", para recoñecer a labor dos nosos veciños no exterior. O Concello pretende recoñecer iniciativas a favor do desenvolvemento do Concello que chegaron de ultramar e de distintas latitudes europeas.

Ponteceso, un concello de emigrantesa

Debemos lembrar que o Concello de Ponteceso foi berce de moitos persoeiros que tiveron que emigrar. Podemos falar de Os irmáns Moreira de Tella (na foto), precursores do acordeón diatónico; Manuel Pailos, pintor constructivista emigrado ao Uruguay, nacido en Corme; José María Mosqueira Manso, cun papel moi activo na Fundación do Lar Gallego de Caracas.

A emigración xa conta cun monumento

Lembra ademais o Concello que xa ubicou una Praza do Relleno, en Ponteceso, un monumento en lembranza dos que traballaron por esta terra dende a diáspora, que foi inagurado no ano 2009 e inmortaliza o agarimo, respeto e lembranza do pobo de Ponteceso hacia a súa emigración.

Artigos relacionads

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso.

Comentarios