Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O 104 aniversario da morte de Eduardo Pondal Abente

Monolito a Pondal en Ponteceso e nicho no cemiterio de San Amaro da Coruna
Monolito a Pondal en Ponteceso e nicho no cemiterio de San Amaro da Coruña
O Modesto Patrimonio: O 104 aniversario da morte de Eduardo Pondal Abente

Case todos sabemos que Eduardo Pondal Abente foi un poeta, escritor e médico, e tamén o autor do himno galego “Os Pinos”, aprobado polo Estatuto de Galicia como oficial no ano 1981. Tamén hai que recordar o poema que compuso sobre “O Combate de Dumbría” que dí: Intrépidos galegos/ que desde antigos días/ sobre a frente levades/ a estrela vespertina/ se queredes ser forte/ nas épicas porfías/ lembrádevos do rudo/ combate de Dumbría”.

Casa de Pondal-Ponteceso copia
Casa de Pondal en Ponteceso

Naceu en Ponteceso o 8 de Febreiro de 1835 e de pequeno pasaba moitas temporadas cos seus familiares Abentes no lugar de Queiroso da parroquia de Nemiña. Alí estaba de cura D. Cristóbal de Lago, tamén familiar dos Abentes e que vivía no lugar de Vilela ondelle daba clases privadas de latín. Este cura foi destinado no ano 1858 á parroquia de Buxantes polo que sospeito que pasaría algunhas tempadas do verán na rectoral de Buxantes. Este cura tivo algún problema coas autoridades civis porque lle tocou vivir a desamortización dos bens eclesiásticos que, según o Decreto do 4 de Xaneiro de 1867, non se permitía ter máis de 5 Ha. (22 ferrados) de terreo parroquial e o excedente tiña que ser subastado públicamente.

Para levalo a cabo era obrigatorio mandar un inventario de tódolos bens parroquiais ao Gobernador provincial, cousa que o cura fixo deixando varias fincas sen inventariar. A autoridade civil, desconfiando do inventario, mandou por oficio un perito á parroquia para facer un novo inventario sacando as seguintes fincas: Leira do Pouso, Leira da Carreira-Igrexario, Leira da Mixirica, Prado do Sino e Prado Grande, que saíron a subasta. A través dun intermediario de Santiago chamado Patricio Andrés Moreno, os parroquianos Andrés Quintáns Cives de Filgueira e Ramón Trillo de Busto participaron nesta subasta.

Enterado o cura D. Simón, entrou en cólera e chamou a Andrés, que era o meu tataravó, e amenazouno por escrito da súa excomulgación por entrar nesa subasta. No documento dicía: “el 28 de Agosto de 1873 ha comprado al Sr. Patricio Moreno de la Ciudad de Santiago la finca Agro da Carreira procedente del igrexario de esta feligresía que la está poseyendo y como por la procedencia sería obstáculo para administrar los Santos Sacramentos de la Iglesia Católica, deseando este permanecer en el gremio de ella libre del menor impedimento de conformidad con lo consultado y resuelto por el Excmo Arzobispo de esta Diócesis… firman como testigos los curas José Lema de Sta Eugenia del Ézaro y Manuel Romero, de Berdeogas”.

Naqueles tempos, excomulgar a un parroquiano era o peor castigo que se podía facer a un católico. Descoñezo o acordo a que chegaron, pero imaxínome que sería económico. Este cura morreu en Buxantes o 22 de Febreiro de 1886 e creo que está enterrado na igrexa parroquial. Eduardo Pondal exercio de médico na Armada de Ferrol e morreu o 8 de Marzo de 1917, estando enterrado no cemiterio de San Amaro da Coruña. Hai dous mes recordámolo cando cumpriu 104 anos da súa morte.

Cronoloxía da Familia:

Angela Fernández Abente (1803-1836); Eduarda Ponal Abente (1828-1853); Juan Pondal Frois (1785-1861); Eulogia Pondal Abente (1832-1897); Josefa Pondal Abente (1826-1907); Eduarda Abente Lago (1855-1921); Emilia Pondal Abente (1823-1830); Cesáreo Valdés Abente (1893-1961).

Artigos relacionados

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Patrimonio Pindexo

Comentarios