Sábado. 10.12.2022
El tiempo

2.800 almas desafían o orballo e danzan en Valarés

2.800 almas desafían o orballo e danzan en Valarés
Espectacular ambiente no V de Valarés, aquí con Eli Paperboy Reed-Foto-Javier Rosa Espectacular ambiente no V de Valarés, aquí con Eli Paperboy Reed-Foto-Javier Rosa

”Este festival pode convertirse nalgo moi grande en poucos anos!” Así de satisfeito rematou a fin de semana Adrián Varela, un dos organizadores do Festival V de Valarés, que a pesar de romper un xeonllo, non deixou de sorrir polo éxito do mesmo. E non é para menos, tras 16 concertos en 3 días, completando case 25 horas de música para os preto de 3.000 persoas que desafiaron o tempo e danzaron ca mellor música.

Porque poucos sitios de Galicia viron o nivel musical que vimos este ano no areal pontecesán. Non había máis que ver á gran estrella, Eli Paperboy Reed, que estivo 2 horas suando e gastando toallas na noite sabatina. Antes xa houbo unha magnífica noite de venres con Kiko Veneno á cabeza facendo cantar a todo Ponteceso as míticas rumbas de sempre. E o domingo foi máxica a estampa chea de familias vendo a Kepa Junkera no piñeiral, cantando temas actuais pero sempre cun ollo ao seu disco Galiza. Foron 3 grandes nomes para un cartel cargado de calidade.

Kepa Junkera na Sesion vermu dominical do V de Valares-Foto-Javier Rosa

”Parece un miniParedes do Coura”, dicían algúns facendo un guiño á nova ubicación dos escenarios diante do piñeiral. “Esto ten moi boa pinta de cara o futuro. Non só había xente de toda Galicia e toda a península senón que tivemos que poñer en taquilla unha persoa que falase inglés", coméntanos o propio Varela, que destaca tamén que a organización encantada coa conciencia medioambiental da xente, pois deixaron todo como estaba e non fixeron traballar demasiado aos 50 voluntarios que facía de brigada ecolóxica.

Voluntarios do V de Valares

Unha cita que traspasa a fronteira da música, mesturándose coa natureza máis auténtica, facendo bo aquelo de “virás pola música e volverás polo ambiente”. Houbo ata paddle surf entre os piñeiros, e unha especie de tobogán que fixo as delicias dos máis náuticos do festival.

Vaia, que esto ten unha pinta de convertirse nalgo moi grande, e en breve teremos máis novas da vindeira edición. Por Ponteceso, xogan a outro nivel.

E para comprobalo, aquí vos deixamos con máis fotos do gran Javier Rosa.

Ambientazo no V de Valares-Foto-Javier Rosa Elly Paper Boy no Festival V de Valares-Foto-Javier Rosa 2  Festival V de Valares-Foto-Javier Rosa 4 Kiko Veneno no Festival V de Valares-Foto-Javier Rosa Kepa Junkera en Valares-Foto-Javier Rosa

Nova data para 2016

Festival V de Valares Ponteceso 2016

Aínda coa resaca do impresionante festival da pasada fin de semana, e xa temos máis #GanasdeValarés. E xa podemos ir marcando a axenda do ano que vén, porque xa temos data, e de novo, completa, con 3 días de concertos. A 10ª edición do Festival V de Valarés será o 12, 13 e 14 de agosto de 2016.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas da Axenda Sonora

Fonte

comentarios