Venres. 29.05.2020
El tiempo

25 anos da Casa dos Veciños do Couto: Unha historia de identidade

25 anos da Casa dos Veciños do Couto: Unha historia de identidade
Casa dos Vecinos do Couto Imaxe da Casa dos Veciños do Couto

A historia da Casa dos Veciños do Couto explica perfectamente o xigantesco traballo de canteira que leva realizando o colectivo asociativo do Couto dende hai 30 anos. A primeira Asociación Monte Branco, e as súas “fillas” Fundación Eduardo Pondal, Asociación Cultural Inllar, Colectivo V de Valares… levan tres décadas formando e formando xente preparada, xente crítica, xente creativa.

A Casa dos Veciños do Couto representa esa identidade, esa vinculación co eido cultural dende o compromiso, dende a cousa propia. Porque a Casa dos Veciños foi erguida, aló polo 1993, polos propios veciños da pequena aldea pontecesá. A Asociación Monte Branco, que cumpría 35 anos o pasado ano, mercaba un terreo e foron os veciños do lugar os que ergueron, pedra a pedra, a Casa que hoxe é patrimonio cultural de Galicia.

Sesions culturais na Casa dos Vecinos do Couto-Ponteceso Sesións culturais na Casa dos Veciños do Couto

Por ela pasaron os nomes máis soados da cultura galega. O mesmo ano da inaguración pasaba polo Couto Manuel María , e dende aí son innumerables os nomes importantes que teñen pasado polo Festiletras e polo resto de actividades da entidade.

Manuel Maria no Couto en 1993 Manuel María no Couto en 1993

25 aniversario

Casa dos Vecinos do Couto-XXV aniversario

Con todas estas cousas, o Couto xa é coñecida en todo o país como a “Aldea das Letras”, a aldea “gala” das letras, facendo referencia a esa loita contra vento e marea pola defensa da lingua galega.

E vai celebrar en breve unha data moi especial. Este domingo 14 de xaneiro, dende o medio día, haberá pinchos, música e historias de lembranzas para recuperar os 25 anos da inauguración da Casa dos Veciños da aldea do Couto.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios