Venres. 03.07.2020
El tiempo

400 camiñantes disfrutaron da Andaina Montebranco

400 camiñantes disfrutaron da Andaina Montebranco
Foto de Rafa Quintáns A Andaina Miradoiro do Monte Branco, a ruta do programa Coñece a Costa da Morte que discorre polo concello de Ponteceso, bateu a súa mellor marca con máis de 400 persoas. Ríos, fervenzas, montes encantados, vistas espectaculares... fixeron as delicias dos participantes, que gozaron das paraxes naturais e das vistas do esteiro do Anllóns e da ría de Corme e Laxe máis importantes do concello pontecesán. Foron 13km dende o malecon do Couto, para subir aos miradoiros Monte Branco (182 metros de altitude) e Monte dos Loureiros (244 metros) rematandona praia de Balarés ao mediodía. Momento que moitos aproveitaron para darse un chapuzón. O amplo grupo tivo coma guía ao técnico de Turismo Javier Couto. Foto de Rafa Quintáns Foto de Rafa Quintáns   Fonte QPC

comentarios