Venres. 29.03.2024
El tiempo

A ANPA do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso volve loitar pola Xornada Única

A ANPA do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso volve loitar pola Xornada Única
CEIP Eduardo Pondal Cada vez son máis os colexios que optan por Xornada Única, pero a cousa non está sendo sinxela. As ANPAS están decididas a conseguilo para mellorar a conciliación e non paran coas campañas informativas. Precisamente nese punto se atopa a ANPA do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, en plena campaña, pois este venres 26 de maio dende as 9:00h da maña ata as 21:00h da noite, levarase a cabo, por terceiro ano consecutivo a votacion para conseguir implantar o horario de xornada unica. O ano pasado non chegaron ao 58% de votos positivos necesarios para implantala. Este ano o proxecto presentado anos anteriores polo centro contou co impulso e colaboración da ANPA. Conseguindo asi, traballando en equipo unhas melloras significativas e moi positivas para o ben estar dos nenos e nenas que, sen dúbida, é o motor propulsor de esta iniciativa. En todo caso, a cousa volverá estar reñida tal e como nos fan chegar unha serie de pais e nais do centro, e socias da ANPA, que se amosan "claramente  en contra sa Xornada única, e mesmk de que se volva a votar despois de tres anos consecutivos nas que os pais de Ponteceso xa deixaron moi claro que non a querían." Que implica a XU? Deste xeito o horario lectivo pasaría a ser de 9:30 a 14:30 de luns a venres. A saída do centro sería ás 15:45 agás o luns que sería as 16:30 por incompatibilidade co servizo de transporte escolar que tamen atende o IES que ese mesmo dia ten clase en horario de tarde. Conseguiuse inplantar o servizo de ludoteca que xunto coa biblioteca acolle a todos os nenos e nenas de diferentes idades, que queiran ou necesiten permanecer no centro ata as 17:45 intentando deste xeito dar cabida a unha maior conciliacion familiar e laboral que tan necesaria e importante e ter en conta. Os nenos e nenas que permanezcan no centro unha vez pasadas as 15:45 teran a opcion de ir a ludoteca no caso de infantil ou a biblioteca no caso de primaria e secundaria e tamen de ser levados e ser recollidos as actividades extraescolares sin ter que sair do recinto escolar en ningun momento. Farano nunha primeira quenda acompañados dos/as colaboradores/as do comedor escolar e nunha segunda e terceira quenda cos mestres que estarán de garda ata as 17:45. Dende o centro e dende a ANPA queren animar as familias a votar porque sexa cal sexa o seu parecer todos queremos un ben común, que e o mellor para os nosos nenos e nenas e o venres 26 de maio e onde os pais e nais se deben pronunciar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios