Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Asociación Atreve apoia a demanda do IES Parga Pondal dun FP de Carrocería ante o défitit de profesionais

A Asociación Atreve apoia a demanda do IES Parga Pondal dun FP de Carrocería ante o défitit de profesionais
formacion en carroceria

Nas últimas datas, o IES Eduardo Pondal, de Ponteceso, está facendo forza para que se implante de novo o ciclo formativo de FP de Carrocería. Un FP que xa se impartía no centro no pasado, e que de seguro que tería saída nunha comarca amante das 4 rodas como é a de Bergantiños.

Pois o centro acaba de recibir un apoio singular. A Asociación de Empresarios del Taller de Reparación de Vehículos de A Coruña (Atreve), vén de emitir un comunicado apoiando a demanda do centro pontecesán, ante o déficit de profesionais carroceiros no sector.

A organización empresarial subliña que a falta de profesionais é especialmente acusada no segmento da chapa e pintura, onde cada vez é más difícil atopar traballadores formados e con experiencia.

De feito, amplían as cotas a toda a provincia, onde o Ciclo Medio de Carrocería só ofrece cada ano 88 prazas, claramente insuficientes para cubrir a demanda dos talleres, segundo a propia entidade. “O sector da chapa e pintura na provincia da Coruña, e en xeral en todo o país, conta con profesionais cunha media de idade elevada. Isto fai que sexa necesario unha substitución xeneracional que garanta o futuro dos negocios, moitos deles de pequeñou tamaño”, sinalan.

Fonte

  • Atreve.

Comentarios