Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Cámara de Comercio dinamiza o Parque Empresarial de Ponteceso

A Cámara de Comercio dinamiza o Parque Empresarial de Ponteceso
Carlos Fernandez da Camara Lois Carballido e alcalde de Ponteceso e Luz Imia Secretaria do Parque Carlos Fernandez, da Camara, Lois Carballido e alcalde de Ponteceso e Luz Imia, Secretaria do Parque

Faille falta unha axuda ao Parque Empresarial de Tella, Ponteceso, para seguir medrando, e de aí nace a colaboración do Concello de Ponteceso e Cámara de Comercio. Un convenio para continuar coa dinamización da actividade económica aproveitando a rede de empresas que integran a entidade ou coas que ten relación mesmo fóra da provincia.

A colaboración pode resultar fundamental a atracción de novos investimentos empresariais que contribúan á creación de riqueza e emprego. Nese sentido, a Cámara ofrece aos emprendedores/as servizos de asesoramento e acompañamento na posta en marcha do plan de negocio, ademais de formación. Ao longo do mes de abril concretarase nun plan de formación e mentorización esa colaboración entre ámbalas institucións.

En materia de emprego, o Concello de Ponteceso estudará a súa posible integración no Plan PICE, destinado a formar, cualificar e insertar a mozos e mozas de 16 a 29 anos inscritos/as no ficheiro de Garantía Xuvenil nas empresas do ámbito de influencia da Cámara de Comercio. Carlos Fernández ofreceu, así mesmo, o apoio da entidade cameral en campañas ou eventos enfocados á promoción do parque empresarial de Tella e a difundir o noso polígono en diversos foros así como entre os seus asociados.

Melloras no parque

Ante a visita, algún empresario manifestou a súa opinión ante os avances do polígono. O responsable de Desguaces Mancebo, por exemplo, destacou o salto de calidade que supuxo a implantación da fibra óptica. “Pasamos de 1 a 90 megabytes por segundo. O cambio foi total. Antes non eramos quen de tramitar asuntos como a baixa dun vehículo”, explicou. O alcalde destacou que esta empresa exporta pezas de vehículos a diversos países europeos, polo que dispoñer de internet con calidade e velocidade é fundamental para o seu traballo diario.

Nese sentido, desde o Concello informouse sobre a dispoñibilidade de parcelas en Tella, a situación das ampliacións do parque ao longo da estrada autonómica e a presenza no vixente plan.

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios