Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Deputación inxecta case dous millóns de euros ao concello de Ponteceso a través do Plan Único

A Deputación inxecta case dous millóns de euros ao concello de Ponteceso a través do Plan Único
plan-unico-ponteceso Responsables da Deputación entregaron onte ao alcalde de Ponteceso un novo camión de recollida do lixo Durante o bienio 2017-2018, o Plan Único da Deputación da Coruña destinou ao concello de Ponteceso un total de 1.923.961, 76 euros dos cales, máis de 1 millón de euros, destinaranse ao financiamento de obras no municipio. Así o anunciou onte o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante a visita institucional que realizou a Corme para facer entrega dun novo camión de lixo e supervisar as obras, xa prácticamente rematadas, de dúas sendas peonís en Corme a A Campara. Acompañado polo alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e o deputado responsable da área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, González Formoso explicou que a través das baixas do POS+2017 e das asignacións contempladas no POS+2018, a Deputación financiará durante este ano un total de seis obras que suman un total de 1.032.827 euros. Entre estas obras, cuxos anuncios previos veñen de ser publicados polo Concello na Plataforma de Contratación do Estado, figuran a pavimentación do vial do Quente ata o límite municipal con Coristanco (226.557, 51 €), a pavimentación do núcleo de Cores (112.952,87 €), a mellora das rúas Cruceiro, Rúa Real e Hortas en Corme e Ponteceso (140.157, 51 €), e pavimentacións de viais en Niñóns (239.547,60 €), no vial de Ponteceso a Carballido (132,449 €) e nos viais de acceso a Pazos-Sergude (178.162,60 €). González Formoso explicou o gran esforzo inversor que realiza a Deputación a través do Plan Único, cun orzamento de 182 millóns de euros en só dous anos nos 93 concellos da provincia, para mellorar as infraestruturas e contribuir ao saneamento das economías municipais. “Trátase do maior investimento contemplado nun plan provincial na historia da Deputación”, sinalou o presidente provincial, “pero ademáis ofrece total transparencia no reparto de fondos e permite que sexan os propios concellos os que decidan cales son as súas prioridades á hora de investir os cartos que lles corresponden”, sostivo. Ampliación da ponte  “No caso de Ponteceso imos investir máis de 1 millón en obras aprobadas pola corporación municipal”, afirmou González Formoso, que lembrou que a este importe hai que sumarlle outras obras coma os os 159.315 euros investidos na creación de sendas peonís en A Campara e Corme ou os 667.824 euros que a Deputación prevé investir na ampliación da ponte de Xabarido sobre o río Anllóns, que une os concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños, e cuxas obras serán licitadas próximamente, toda vez que xa está completado o proceso de expropiación dos terreos afectados polas obras. O proxecto suporá a ampliación da plataforma da ponte, que pasará de 6 a 10 metros de ancho, e contará con beirarrúas de 1 metro en ambas marxes e un petril metálico de medio metro, o que contribuirá a mellorar notablemente a seguridade do tráfico rodado e peonil nun punto no que actualmente o estreitamento da calzada difícilmente permite a circulación de dous coches simultáneamente. Novo camión do lixo e sendas peonís Durante a visita, o presidente provincial desprazouse ata Corme, onde fixo entrega ao alcalde dun novo camión de recollida de lixo financiado pola Deputación cun investimento cercano aos 132.000 euros e que, segundo confirmou o alcalde, entrará en servizo mañá. González Formoso destacou a necesidade do vehículo nun concello con máis de 92 quilómetros cadrados de superficie. “Mellorará o servizo e servirá para aforrar os miles de euros que se viñan gastando en reparacións do anterior camión”, afirmou o presidente provincial, que destacou ademáis que o novo vehículo e máis compacto, o que lle outorga mellor mobilidade en determinadas rúas estreitas do municipio onde o anterior tiña dificultades, e contamina 20 veces menos. González Formoso, García Carballido e Regueira visitaron tamén en Corme as obras, xa prácticamente rematadas, das novas sendas peonís da rúa José de Tecelán e A Campara, nas que a Deputación investiu 159.315 euros e que contribirán a mellorar a seguridade peonil nestes núcleos. A xornada rematou cunha visita á sede da Fundación Torre-Pujales, cuxo céntrico inmoble vén de ser adxudicado en subasta ao Concello e que, polo tanto, pasará a ser de titularidade municipal. O alcalde destacou que se trata dunha boa oportunidade para crear un espazo cultural e de encontro para os veciños de Corme, que non contan actualmente con centro social na localidade. Novas relacionadas Fonte

Comentarios