Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Festa do Percebe do Roncudo máis preto de ser Festa de Interese Turístico

A Festa do Percebe do Roncudo máis preto de ser Festa de Interese Turístico
Festa-Percebe-do-Roncudo-2013-

Non hai moito o Concello de Ponteceso informaba que ía pedir que a Festa do Percebe do Roncudo sexa declarada de Interese Turístico Galego. A petición formal tivo lugar onte, coa visita do alcalde pontecesán, José Luis Fondo, á Delegada da Xunta, na provincial, Belén Docampo, coa entrega da documentación necesaria.

A Delegada asegurou que nos próximos días remitirá o expediente á Axencia Turismo de Galicia, no que se incluirá un informe elaborado desde a propia Delegación Territorial e o acordo alcanzado por unanimidade do pleno municipal para dar traslado a esta petición, co fin de que a comisión encargada de determinar a súa declaración adopte unha decisión.

O Goberno galego valore tan claramente “a importancia desta celebración de carácter gastronómico que ensalza a calidade do percebe do Roncudo, que se celebra na primeira quincena do mes de xullo na vila desde o ano 1992 –foi a primeira destas características que se organizou en España- e que supón un importante atractivo turístico non só para o municipio, senón para o resto da comarca”.

Percebe si, Asalto non

Sen ánimo de establecer ningunha disputa entre ambas, máis ben todo o contrario pois son dúas das nosas máis auténticas festas, chama a atención de que o Goberno Galego inicie a tramitación para a festa cormelá tan rápido, mentres que a petición do Concello de Vimianzo para a declaración como Festa de Interese Turístico do Asalto ao Castelo, quedara nunha estrana negativa por parte da Xunta por considerar que a festa non cumpre os valores “cultural, creatividade e singularidade dos actos”.

Será polas cores políticas de cada Concello?

Novas relacionadas

Comentarios