Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Abarrote para recibir o caderno de Xornes e Langueirón da serie Andando por Bergantiños

Abarrote para recibir o caderno de Xornes e Langueirón da serie Andando por Bergantiños
Cheo en Xornes para a presentacion do libro Cheo en Xornes para a presentacion do caderno

Menudo éxitos están sendo os cadernos da serie “Andando por Bergantiños”. A pasada fin de semana facía público nun concorrido acto, o novo caderno realizado polo Instituto de Estudos Bergantiñáns dedicado ás parroquias de Langueirón e Xornes.

Uns cadernos que serven para poñer en valor o Anllóns (que podería pasar a formar parte da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas) pois Xornes e Langueirón son as dúas parroquias que baña o río pondaliano.

Dende o Concello valoran os cadernos como unha ferramenta “para que os maiores poidan transmitir todas as historias que hai detrás dos tesouros que agochan as nosas parroquias”. Pero sobre todo é un elemento “para os que vivimos no rural presumamos do lugar no que queremos vivir”, engadiu.

O acto pechouse ca música das gaiteiras e pandereteiras da Asociación Cultural San Xoán de Xornes e tamén do exquisito aroma dos callos que se serviron ao remate do acto.

Todos agradeceron o labor dos seis autores do caderno -Xosé Antón Andrade Figueiras, Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada e Luís A. Giadás Álvarez-, que fixeron un percorrido tanto polo proceso de elaboración do traballo como por algúns dos aspectos particulares que recolle, tanto no que se refire ao patrimonio natural, como ao etnográfico ou ao relixioso, e mesmo á xeografía e á toponimia das dúas parroquias.

O vindeiro sábado 17, poderase utlizar como guía o caderno nunha saída guiada pola zona.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios