Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Abellariza organiza unha andaina de Niñóns a Corme

Abellariza organiza unha andaina de Niñóns a Corme
Seguindo O Camiño dos Faros, a agrupación deportiva Abellariza de Ponteceso organiza este domingo, día 30 de setembro, a ruta de Niñóns a Corme. A ruta, duns 15 quilómetros de dificultade media-alta, arranca ás 09:45 horas da praia de Niñóns ainda que os participantes deberán estar ás 09:00 hora na praza da Ribeira de Corme. A hora prevista de chegada é ao redor das 15:15 horas e esta é unha andaina recomendada para maiores de 16 anos. Os/as interesados/as en anotarse deberán ingresar de 5 € (seguro + transporte) na conta ES43 0081 2182 1700 0108 6316, e enviar unha mensaxe privada ao facebook da organización ou correo electrónico a [email protected] indicando nome, apelidos, data de nacemento e DNI para facer o seguro. Tamén se podecubrir o formulario dispoñible na páxina abellariza.es e logo facer o ingreso ou transferencia. Fonte

Comentarios