Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Accidente en Ponteceso pola colisión dun coche e unha moto

Saida cara o lugar da A Grana
Imaxe da estrada de Ponteceso na súa saída cara a Graña
Accidente en Ponteceso pola colisión dun coche e unha moto

Un vehículo e unha moto colisionaron hoxe ao mediodía na Rúa da Aduana (Ponteceso), á altura da Graña. Fontes presenciais afirman que o motorista saíu despedido do ciclomotor debido ao impacto e que "salvou a vida de milagro". Este encontrábase consciente sobre o chan á espera da unidade sanitaria.

Ata o lugar dos feitos desplazáronse unidades do Grupo de Emerxencias Supramuniciapis de Ponteceso, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, enviados polo 112.

Comentarios