Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Acondicionados varios camiños en catro parroquias de Ponteceso

Acondicionados varios camiños en catro parroquias de Ponteceso
Por un valor de 35.000 euros, o oncello de Ponteceso vén rematar as obras de mellora de varios camiños rurais do municipio. "As obras, financiadas con fondos municipais e executadas pola empresa de David Rojo Novo, con sede en Guxín (Corme Aldea), permítennos empezar a paliar a falta de investimentos da Xunta de Galicia, que leva tres anos sen arranxar ningunha pista forestal no noso concello", sinalan dende o goberno municipal. Os traballos de mellora leváronse a cabo no Couto, na pista que vai desde a estrada autonómica Ponteceso-Corme á altura da Fonte do Galo ata o lugar de Cobas, no alto das Salgueiras. Foi o investimento máis importante, con 17.109 euros, que permitiu a formación de cunetas e o acondicionamento do firme dun camiño forestal que se atopaba practicamente intransitable. Como consecuencia das peticións recollidas nas xuntanzas veciñais, tamén se reparou a pista do alto do Monte do Faro de Brantuas ata Guxín, unha actuación moi demandada pola asociación Nosa Señora do Faro e a comisión organizadora da romaría do 8 de setembro. Neste caso o investimento acadou os 13.455 euros. As outras dúas intervencións consistiron na mellora da pista que va do campo do fútbol do Cairo, polo lugar de Candelago, ata o Barreiro de Corme Porto, unha obra que permite mellorar a comunicación entre o promontorio de Corme e a estrada de acceso ao faro Roncudo. Na mesma liña de recuperación de camiños tradicionais e posta en valor do noso patrimonio, tamén procedemos á limpeza mecánica de cunetas na contorna de Gondomil. Fonte

Comentarios