Venres. 07.05.2021
El tiempo

APIN convoca unha reunión de portavoces ante a enésima posibilidade de recuperar o POS para Ponteceso

Un dos ultimos plenos en Ponteceso
Un dos últimos plenos en Ponteceso
APIN convoca unha reunión de portavoces ante a enésima posibilidade de recuperar o POS para Ponteceso

Ao ser o Concello de Ponteceso o único en toda a provincia que quedou sen aprobar o Plan de Obras da Deputación, o ente provincial está intentando salvar o sempre necesario investimento de 758.000€. Con varias propostas enriba da mesa, pero ningunha consensuada, o grupo de APIN convocou para este mércores ás 20:30h unha reunión con todos os portavoces dos grupos municipais.

Estará por ver se acoden, trala negativa a sentarse a petición da sociedade civil, os portavoces de PP, PSOE e dos non adscritos.

APIN propón unha orde do día na que se propoña as obras, consensuadamente as obras do POS, así como para a subvención nominativa; propón tamén destinar a partir de gasto corrente a obras; destinar 100.000 da partida social a axudas a autó[email protected] e hostalería, así como solicitar unha reunión urxente co presidente da Deputación para facer viable o POS.

Novas relacionadas

comentarios