Mércores. 09.10.2024
El tiempo

"As letras galegas xa non son se non hai Festiletras"

"As letras galegas xa non son se non hai Festiletras"
A traxectoria de Guadi Galego é impresionante... Cantante e gaiteira de Berrogüeto durante dez anos con nominación aos Grammy incluída, un dos principais puntales de Espido, de Nordesti@as e de aCadaCanto, entre outras moitas máis colaboracións. O pasado mes de novembro saiu á luz o seu segundo disco en solitario"Lúas de outubro e agosto"  que presenta o sábado no Couto dentro do Festiletras. Neste concerto, que comeza ás 23 horas na Casa dos Veciños, Guadi comparte esceario con Amancio Prada. Outro dos grandes...
  • Agora que xa se poden facer valoracións... ¿cal é a clave do éxito de "Lúas de outubro e agosto"?
Guadi Galego: (Risas) O éxito é ter feito o disco que quería. Defendelo como quería e sobre todo non ter prexuízos estéticos.
  • ¿É un disco para un público de calquera idade?
Guadi Galego: Eu creo que si… creo que noné un disco nada extremo,é o que se pode chamar un disco global (heheh)
  • Entón o concerto do sábado no Couto, ¿gustaralle a pequenos e amaiores?
Guadi Galego: Penso que si…o son de directo é un pouco máis intenso que o do disco pero as cancións son as mesmas.
  • ¿Que opinas da que lía unha pequena aldea como a do Couto no Festiletras?
Guadi Galego: A verdade é que xa só o entorno é unha delicia… é como se te trasladaras anos atrás e ninguén poidera manipulala…. é marabilloso e un referente para a xente!!! As letras galegas xa non son se non hai Festiletras.
  • ¿Precisan as letras letras galegas máis iniciativas coma esta?
Guadi Galego: As letras precisan modernizarse!!!precisan normalizarse,precisan de escritores e escritoras vivos e vivas e de música viva.
  • ¿Que dirías se che propoñen facer un disco en castelán?
Guadi Galego: (risas) Podería cantar en castelán de feito fagoo cando fago as versións!!! Non compoñería en castelán, pero non me importaría que alguén me traducira. Polo tanto, non valoro facer un disco propio en castelán, pero si valoro cantar en múltiples linguas.
  • O Couto, Santiago,... ¿onde son os próximos concertos?
Guadi Galego: Cambados, A Golada, Fene, Lugo…. etc
  • Con esa axenda tan axustada... imaxino que che gustará viaxar.
Guadi Galego: Non me disgusta, pero recoñezo que hai días que se me complica. Guadi Galego: Cueiros, toalliñas, roupa de bebés, neceser e maquillaxe (sempre ando con mala cara)
  • E por último, ¿que é para ti a Costa da Morte?
Guadi Galego: "Onde as rúas deixan ver limpo e máis limpo o solpor"….Privilexio duns poucos os elixidos para habitala!!!

Máis información

No seguinte enlace podedes ver a intensa programación do Festiletras 2015.

Novas relacionadas

Comentarios