Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As "Marchas nocturnas a pé" percorren a península de Corme

As "Marchas nocturnas a pé" percorren a península de Corme
Mañá volven a Ponteceso as "Marchas nocturnas a pé", organizadas pola área de Turismo no marco da programación do Verán Cultural.Tras a camiñada de Brantuas-Niñóns, agora tócalle a quenda á península de Corme. A 63ª marcha nocturna percorrerá algunhas das paraxes naturais máis fermosas da zona, tanto en Corme Aldea coma en Corme Porto. A praza da Ribeira será o punto de partida (ás 22:00 horas) e chegada dun percorrido de 6 quilómetros e de dificultade baixa, apto para toda a familia. Os menores de idade que desexen forma parte desta divertida e inesquecible experiencia deberán acudir acompañados dun adulto. As Marchas Nocturnas a pé continuarán a súa andaina no mes de agosto cunha ruta programada para o día 2 pola parroquia de Langueirón, con saída e chegada á igrexa, e outra para o xoves 9 por Xornes, desde o Campo da Escola. Ambas, de 6 kms e dificultade baixa, darán comezo tamén ás 22:00 horas. As persoas interesadas en participar en calquera das rutas incluídas neste programa poden anotarse no concello de Ponteceso chamando ao teléfono 981 714 000 ou na oficina municipal de Corme, a través do número 981 738 428. Os máis retardados/as terán unha última oportunidade de inscrición no mesmo lugar da saída ata 15 minutos antes de que dea comezo a ruta. A participación é libre e de balde. Fonte

Comentarios