Venres. 19.04.2024
El tiempo

Augas comprométese a proxectar unha nova depuradora en Ameixenda-Pazos ante a ineficiencia da actual

Augas comprométese a proxectar unha nova depuradora en Ameixenda-Pazos ante a ineficiencia da actual
Lois Carballido coa directora de Augas de Galicia Teresa María Gutiérrez López Lois Carballido coa directora de Augas de Galicia Teresa María Gutiérrez López

Continúa a Costa da Morte necesitando novas depuradoras para mellorar o noso saneamento. Ponteceso é unha desas zonas que necesita mellorar a rede de abastecemento e de sumidoiros. De aí a reunión que mantivo esta semana o alcalde Lois García Carballido coa nova directora de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez López. Gutiérrez comprometeuse a edactar o proxecto para a nova depuradora de Ameixenda-Pazos, despois de que Carballido lle entregase un informe municipal sobre as deficiencias da actual depuradora, construída polo organismo autonómico e incapaz a día de hoxe de depurar os residuos dunha parroquia que medra en vivendas unifamiliares e negocios, como é o caso de Pazo.

Carballido aproveitou para lembrarlle que a Concellería de Infraestruturas, que dirixe José Manuel Pose Verdes (Apin), fixo varios investimentos con fondos propios do Concello, para a extensión da rede municipal de auga potable, como son o abastecemento de Tallo, ou a ampliación da rede de Tella, Brantuas-Niñóns, Pazos e Corme-Aldea, así como a posta en marcha da depuradora de Corme, a pesar da obsoleta rede de abastecemento do lugar que provoca continuas roturas.

Un xeito de deixarlle claro que Augas non ten investido nada no concello pontecesán nos últimos 6 anos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/reiteran-a-denuncia-sobre-as-verteduras-constantes-de-augas-residuais-a-ria-de-corme-e-laxe/ https://quepasanacosta.gal/coristanco-esquece-as-suas-pioneiras-depuradoras/

Comentarios