Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Brantuas de Abaixo recupera o seu antigo lavadoiro

Brantuas de Abaixo recupera o seu antigo lavadoiro
lavadoiro_brantuas_abaixo O concello de Ponteceso foi o encargado de levar a cabo as obras de recuperación que consitiron principalmente na eliminación da maleza Ainda coas obras de recuperación a medio facer, o lugar de Brantuas de Abaixo terá en breves dispoñible o seu antigo lavadoiro que actualmente estaba invadido pola maleza. As obras, promovidas polo concello de Ponteceso están xa moi avanzadas, tal e como o puideron constar o alcalde, Lois García, e o concelleiro de Infraestructuras, José Manuel Pose, durante a súa visita. A actuación iniciada consistiu na eliminación de maleza e a limpeza de todo o espazo, a canalización da auga e a reconstrución do lavadoiro con pedra do país, que tamén se utilizou para pavimentar o chan, mantendo deste xeito a configuración tradicional deste tipo de elementos. Esta actuación súmase á recuperación do conxunto etnográfico do Rego das Bouzas que reafirman o compromiso do goberno municipal coa recuperación dos seus elementos etnográficos. Novas relacionadas Fonte

Comentarios