Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un canto ao Monumento Natural do Anllóns

Carlos Penedo, membro da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e da Rede galega por un Rural Vivo, volve realizar unha nova homenaxe en letras á zona do Anllóns ante a ameaza que supón o Parque Eólico das Salgueiras.

Vista do Esteiro de Anllons dende o Monte Branco ameazado polo Parque eolico de Salgueiras
Vista do Esteiro de Anllons dende o Monte Branco ameazado polo Parque eolico de Salgueiras
Un canto ao Monumento Natural do Anllóns

                                                                    “Si o teu pensamento se detén na codia das cousas
 non digas tampouco: Galicia é ben pequena; és ti, que
endexamáis poderás concebir nada grande”

                                                                                                  (Vicente Risco)

Como amantes da paisaxe de Galiza, da Costa da Morte e Ponteceso non podo pasar por alto o simbolo paisaxístico pontecesán, o esteiro do Anllóns e a ria de Corme - Laxe

Ponteceso é, súas xentes e súa paisaxe. A calidade paisaxística, unha das máis representativas do litoral costeiro galego e identificativa da Costa da morte, dotada dunha beleza insuperáble . É un tesouro paisaxistico e ambiental.

Estamos vendo a ría de Corme e Laxe, facendo entrada no Esteiro do Anllóns. Se a entrada á ría de Vigo esta protexida polas illas Cíes e á ría de Pontevedra pola illa de Ons, á ría de Corme - Laxe esta protexida pola illa dos Cagallóns, un importante habitat para aves autóctonas e migratorias terrestes ou mariñas. Entrañable a delicacadeza que ofrece o Monumento Natural do Anllóns.

O esteiro do Anllóns , zona ornitolóxica,  de importante  tránsito de aves migratorias. Aquí  chegan  aves que realizan rutas desde Europa e mesmo de América do Norte . Hai especies que recorren distancias de 11000 Km sen parar. Neste ambiente de extensas praias , dunas e cantís , viven espécies de animais en perigo de extinción como a píllara das dunas, o lavanco, a gabita, a gorzota ,a garza real, e o corvo mariño grande.

Un mirador perfecto para deleitarse deste espectáculo, é o Monte Branco. Duna rampante de 192m sobre o nivel do mar,contan que as dunas empezaron a formarse hai 7.000 anos. Alí arriba un recibe un forte impacto de beleza natural. O río Anllóns vai chegando ao Atlántico, despois de sobrepasar unha lingua de area, a Barra, de quilómetro e medio.

Esta historia non ten final feliz. O 24 de febreiro de 2.020, sae publicado no DOG a declración de impacto ambiental do parque eólico As Salgueiras.

Advirtese dende o primeiro momento nula participación veciñal, moi pouca  información , falta total de transparencia. Ademáis  da falta de participación, información e trasnparencia .A normativa que regula a implantación eólica, está totalmente obsoleta (1.997), o que significa que as persoas, medio ambiente, paisaxe e patrimonio cultural, atópanse totalmente desprotexidos.

O parque eólico As Salgueiras  ten súa ubicación no cumio do monte Salgueiras. Empezan con 6 aeroxeradores e poden instalar ate 50 muiños de vento.

O impacto paisaxístico é demoledor. Monte Branco, Esteiro do Anllóns, praia de Balarés, Cantís do Canteiro e Brañas de Gondomil, lindan co parque eólico. Rede Natura e o POL (Plan de Ordenación do Litoral) normativa, medio ambiental e paisaxística, afectada.

Os traballos para a instalación do parque leva un impacto , en moitos dos casos, irrecuperable.

Os brutais movimentos de terras afectan directamente á flora e fauna silvestre. No caso dos humedais os danos son  graves. Os cursos de regos e mananciais sufren cambios irrecuperables. Mención especial ao suministro de auga ás parroquias próximas ao parque eólico, un abastecimento de toda a vida quedará inutilizado en cuestión de meses.

O monte As Salgueiras garda un legado cultural importante que a constrcción do parque deixa no abandono e desaparición. Patrimonio Inmaterial da man de Eduardo Pondal coas poesías das paisaxes pondalianas . O cumio do monte aporta unha microtoponímia que nomea todos os lugaras que son referentes dende hai séculos. Patrimonio material , a comarca da Costa da Morte ten seus montes cargados de patrimonio arqueolóxico, etnográfico e relixioso. No monte As Salgueiras atopamos petróglifos, mámoas, restos da ermida de San Adrián Vello, cruces e cruceiro das Salgueiras e o camiño real. O aquí citado ,patrimonio da veciñanza de Ponteceso de toda a vida, por obra e graza da promotora Norvento S.L. e consentimento do alcalde de Ponteceso queda dentro da poligonal do parque eólico As Salgueiras.

O impacto nas aldeas próximas á poligonal e nas aldeas dentro da poligonal é preocupante. O valor de casas e leiras baixan entre un 30 e 50 % do valor patrimonial. Dentro da poligonal a cousa agrávase, as casas, en moitos dos casos, nos últimos proxectos aprobados e outros en trámite , comeza a verse un trazado diferente destas poligonais, de tamaño,significativamente, máis grande , e que inclue  ,núcleos de poboación, aldeas enteiras, que se ven afectadas  polo cambio  na calificación do solo, de xeito que a área de influencia do parque afecta  a eses núcleos , que quedan supeditados ós intereses da promotora.

 Hai estudos que falan do empobrecimento das aldeas pola instalación de  parques eólicos abusivos.

Nos non estamos en contra da enerxía renovable, opoñémonos as formas como estan a desenvolver a instalación de parques eólicos abusivos en Galiza, Costa da Morte e Ponteceso. 

  • Carlos Penedo, membro da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e da Rede galega por un Rural Vivo.

NOVAS RELACIONADAS

NOVAS SOBRE EÓLICOS

Comentarios