Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cestos cheos de sabedoría

Cestos cheos de sabedoría
Os maiores de Ponteceso facendo cesteria en papel

Seguen disfrutando da súa liberdade os maiores de Ponteceso, e continúan aproveitando o programa de envellecemento activo "Saber ser b(v)ello”, para seguir aprendendo. Se comezaban collendo, de novo, o lapis, este ano unha das actividades destacadas esta sendo un obradoiro de cestería de papel. O obradoiro consiste en que os participantes elaboren as varillas con recortes de papel de periódico para despois comezar co trenzado. Temos que destacar que o proceso de elaboración é totalmente ecolóxico xa que non se usa ningún material comprado.

A totalidade dos participantes esta realizando o obradoiro cunha satisfacción MOI ALTA xa que en só 3 sesións conseguiron rematar a primeira cesta, o cal indica o seu grado de esforzo e constancia que levan demostrado dende fai anos.

Os maiores de Ponteceso saben ser vbellos

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Fátima Fernández.

Comentarios