Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Ponteceso e a Asociación Monte Branco preparan os seus campamentos de verán

Campamento de Veran de Ponteceso e Escola de Veran do Couto
O Concello de Ponteceso e a Asociación Monte Branco preparan os seus campamentos de verán

A veciñanza de Ponteceso terá dúas opcións para conciliar este verán. Falta pouco para que a singular Escola de Verán que a Asociación Monte Branco desenvolve no Couto abra o prazo de inscrición.

Pero o Concello xa abre hoxe luns 22 un prazo de preinscrición para os campamentos de verán cunha ampla oferta lúdica e recreativa na que o xogo e a aprendizaxe estean presentes a partes iguais.
Este ano, dada a situación sanitaria provocada pola COVID-19, a organización das actividades realizarase en función do número de familias interesadas, polo que poñen á súa disposición os números de teléfono 881983045, 604081426 e 98171400 para que poidan realizar a preinscrición entre o luns 22 e o martes 23 chamando entre as 09:00 e as 14:00 horas.

Os campamentos van destinados a familias empadroadas no concello e nas que resulte precisa a conciliación por motivos laborais dos pais. Con esta finalidade, as actividades desenvolveranse de 09:30 a 13:30 horas. As prazas dispoñibles asignaranse por criterios de prioridade. En principio está previsto crear grupos reducidos en distintos edificios públicos.

Novas relacionadas

Comentarios