Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corme tamén terá a súa área para autocaravanas

Imaxe dunha concentración de autocaravanas na comarca
Imaxe dunha concentración de autocaravanas na comarca
Corme tamén terá a súa área para autocaravanas

Vimianzo anunciábao hai un par de semanas, e hoxe é o Concello de Ponteceso o que avanza que en breve acondicionará unha área para autocaravanas en Corme. Semella que a comarca vai tomando en serio o turismo emerxente das casiñas con rodas.

A multiárea de servizo para autocaravanas situarase nun terreo cedido ao Concello en Corme-Porto, non lonxe da praia da Arnela e do pavillón municipal e pista de pádel. Terá un espazo para 7 prazas, que completa o punto de cambio de augas que o Concello instalou no Alto da Costa.

Contará con 6 estacións de servizo de augas que disporán de conexión a abastecemento (enchido dos depósitos), e saneamento para a evacuación das augas e grises e negras das autocaravanas.

Terá que estar rematada o 15 de novembro deste 2020, tralo acordo asinado entre Concello e Turismo. Conta cun orzamento de case 50.000€ (30.000 achega a Xunta).

Unha realidade

A comarca, paseniño, vaise amoldando, ás necesidades do novo turismo. Carnota xa é, dende hai anos, unha referencia a nivel nacional na materia. Mazaricos apuntouse tamén ao carro hai tempo. Na comarca, a lista de áreas para autocaravanas se completa coa da praia de Ariño, en Camariñas, as da Xermaña e o Regado, na Laracha; a propia área de Ponteceso, no MELGA; en Muxía ou en Dumbría. Ademais hai outras iniciativas privadas como área do Campo, en Fisterra; a Estación de Servizo Bazarra, en Cee.

Novas relacionadas

Comentarios