Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corme terá a súa pista de pádel

Convenio para a pista de padel de Corme
Corme terá a súa pista de pádel

Quedou asinado onte o convenio entre Xunta e Concello de Ponteceso para a construción unha pista de pádel na vila de Corme. Cun orzamento de 36.321,28 euros, achegados na súa integridade pola Secretaría Xeral para o Deporte, a pista situarase xunto ao pavillón municipal, a carón da de tenis, para poder aproveitar as instalacións do mesmo.

Na cita estivo presente Martín Varela, campión de España de tenis en cadeira de rodas e presidente da activa Asociación Vidú, coa que o Concello espera colaborar en máis ocasións.

Comentarios