Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: Convocan un cribado en Ponteceso

Captura de pantalla 2021-02-25 a la(s) 13.45.24
Datos de hoxe
COVID: Convocan un cribado en Ponteceso

Ponteceso fica, xunto con Corcubión, como os únicos Concellos da Costa da Morte que non pasarán á primeira fase desta nova desescalada. As cifras sinalan que o concello ten 37 novos casos nos últimos 14 días (os mesmos que onte, o que supón unha taxa de incidencia acumulada de 672 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Nesta tesitura, área Sanitaria da Coruña e Cee realizará un cribado dende este venres e ata o domingo 28 de febreiro que terá lugar no Centro de Saúde de Ponteceso. Será a través dun “Test de Antíxenos”, e están chamados os veciños desta localidade de entre 18 e 65 anos, uns 2.445, o 44% da poboación pontecesá.

Os veciños pertencentes á franxa de idade establecida, serán citados mediante mensaxe sms nos seus teléfonos móbiles, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 e en horario de tarde, de 16:00 a 21:00.

Corcubión, mentres, que xa ten baixado da cifra de 500 novos casos por cada 100.000 habitantes, espera novidades, pero a Xunta polo de agora non sinalou se vai poder baixar o nivel medio de restricións.

A incidencia a nivel comarcal baixa ata os 252 casos por cada 100.000 habitantes, o mellor dato en todo o 2021.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios