Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Critican a “nefasta xestión do verán” do goberno de Ponteceso

Critican a “nefasta xestión do verán” do goberno de Ponteceso
Camino do PRG-148 en Ponteceso sen desbrozar Camino do PRG-148 en Ponteceso sen desbrozar

Segue candente o verán político en Ponteceso. Desta volta, o PP critica a “nefasta xestión do verán” por parte do grupo de goberno, lamentando a perda de citas como V de Valarés e tamén o Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor, cun impacto grande na hostalaría do Concello de Ponteceso.

Se a semana pasada Carballido aseguraba que “o desbroce de pistas está máis avanzado que nunca, con 250 dos 300 km de pistas municipais da rematados”; hoxe o PP pregúntase por que seguen estandos “olvidados” e sen desbrozar varios espazos da ruta homologada PRG-148 dende Corme-Aldea a Valarés, denunciando ademais que as fontes do camiño sofren un “nulo mantemento”.

Outro dos puntos que denuncia o PP é o estado do punto limpo para caravanas de Corme, moi sucio moitos dos días de verán.
Ademais, considera “nefasta a xestión da limpeza das praias que só deben saber sacarse a foto o día da bandeira azul”.

O PP critica o nulo interese turístico do “Tenente Alcalde, o verdadeiro Alcalde na sombra deste Concello”, sinalando o “poder” de José Manuel Pose Verdes no goberno municipal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-lamenta-as-duas-sentenzas-laborais-contra-o-concello-de-ponteceso/ https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-ponteceso-critica-a-mentira-na-que-vive-instalado-carballido/ https://quepasanacosta.gal/o-pp-pontecesan-lamenta-que-o-concello-perdese-duas-importantes-subvencions-este-ano/

Comentarios