Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Débeda liquidada e propostas socio-culturais aprobadas no pleno de Ponteceso

Débeda liquidada e propostas socio-culturais aprobadas no pleno de Ponteceso

Pleno novamente tenso en Ponteceso o celebrado este pasado luns en Ponteceso. Os asuntos económicos coparon boa parte do pleno. Asuntos que veñen de lonxe, pois xa en 2005 se foi xestando a débeda coa concesionaria do abastecemento e do saneamento municipal. 255.000€ que abonará o Concello pontecesán á empresa Espina&Delfín tras saír aprobada o acordo só coa oposición dun PP que considera que “é un regalo para a empresa”, pois o seu goberno non recoñecera a débeda.

Propostas sociais e culturais do BNG

O BNG de Ponteceso presentou o tres mocións. A primeira, que foi aprobada coa abstención do PP, defende a derrogación da lei 16/2012 que limita a sanidade universal no país e, ademais de reducir a carta de servizos e aumentar os gastos sanitarios da poboación (que xa paga vía impostos), deixa fóra do sistema a grupos moi vulnerables, e en consecuencia afecta a toda a poboación por contaxio de certas patoloxías.

A segunda, aprobada por unanimidade, ten como obxectivo promover o coñecemento da obra de Rosalía de Castro e do seu compromiso coa língua, coas mulleres e co país co gallo do 180 aniversario do seu nacemento. Así propuxo a realización dunha serie de actividades que impliquen a veciñanza do concello ao longo do mes de febreiro.

De igualmente saíu aprobada por unanimidade a moción que esixe a gratuidade da AG55, un asunto que vén de lonxe. “É preciso lembrar que foi deseñada inicialmente como autovía gratuita e que foron desde entón moitas as mobilizacións contra o cobro de peaxe aplicado desde o 94, cando o goberno da Xunta do PP a converteu en autoestrada de pago., e que, por riba, é empregada por unha enorme cantidade de veciños, para chegaren aos seus traballos, o que os obriga a reducir os seus salarios para acudiren en tempo ao seu posto; tamén é a única vía alternativa para acceder aos servizos sanitarios hospitalarios urxentes desde o noso concello”, sinalaba Carlos Penedo, destacando que ademais “é a vía de comunicación máis importante tanto para os polígonos industrais da comarca como para o desenvolvemento social e económico”.

Fonte

Comentarios