Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Detido un home en Ponteceso por non levar a máscara: “Eu fun lexionario, non tendes nada que dicirme"

Garda Civil en Ponteceso
Imaxe dun control da Garda Civil en Ponteceso
Detido un home en Ponteceso por non levar a máscara: “Eu fun lexionario, non tendes nada que dicirme"

Onte era un home de 79 o detido no Ézaro por chegar a morder a un axente. Hoxe volveu suceder un acontecemento semellante en Ponteceso. Un home de 44 anos era detido por Desobediencia grave, ameazas e insultos aos axentes da Garda Civil.

O suceso pasou arredor das 19:00h do pasado 20 de xaneiro, cando os compoñentes compoñentes da Unidade de Seguridade Cidadá da Garda Civil da Coruña (USECIC) realizaban un control de seguemento das normativas do Estado de Alarma.

Ao pasar pola rúa Eduardo Pondal de Ponteceso, ven un home apoiado no marco da porta dun establecemento falando por teléfono sen portar posta mascarilla de protección. Dan a volta e ao voltar observan que o citado individuo atópase nese momento no interior do local falando coa titular, e segue sen usar a máscara.

Nese momento os axentes xiran, aparcan para entrar no local, onde o home se mantén na mesma actitude coa titular do mesmo. Ao solicitárenlle os axentes que se coloque a máscara, o home responde con negativas, asegurando que “el fora lexionario, que defendeu ao país e que non tiñan por que dicirlle nada”.

Os axentes pedíronlle entón a documentación para proceder á súa identificación e poder enviar a denuncia administrativa, pero o home négase en rotundo, continuando en todos eses momentos manifestando que a el a Garda Civil non lle ía a dicir o que tiña que facer.

Xa no exterior continuaba a liorta, e o home, segundo os axentes, comezou a insultalos “con palabras mal sonantes e ameazas, repetindo novamente que el facía o que lle daba a gana”.

Nese momento era detido e posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda xunto coas dilixencias instruídas.

Novas relacionadas

Comentarios