Martes. 23.04.2024
El tiempo

Dous coles de Bergantiños introducen a robótica en Primaria

Dous coles de Bergantiños introducen a robótica en Primaria
Robot MBOT que teran os coles Os coles de Bergantiños recibirán 6 Robots MBOT para introducirse na robótica

Dous coles da bisbarra, o CEIP Fogar de Carballo e o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, están entre os 13 da provincia que terán este curso un kit de Robótica. Gracias a unha aposta innovadora da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola Introdución á robótica en primaria, os centros recibirán 6 robots Mbot (modelo básico) e kit de construción compatible de Lego, ademais dos manuais de uso e guía didáctica.

Con eles, os alumnos de 4º e 5º da ESO dos centros bergantiñán poderán montar, programar… facer de todo porque é unha aprendizaxe multidisplinar, que abrangue varias competencias como Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM).”, explícanos Ignacio Navaza, Secretario do CEIP carballés. “Xa levamos varios anos traballando con robots de lego sinxelos, e os nenos o pasan xenial. Aprenden cousas de matemáticas, de coordenadas, coordinación espacial, outra forma diferente de aprender”, explícanos.

O programa da Xunta inclúe uns cursos de formación para o profesorado,

Colaboración do CEIP Fogar co IES Monte Neme

Este curso están moi ilusionados co proxecto, porque ademais teñen un convenio co IES Monte Neme. Trátase dun programa de colaboración co centro que ten varios módulos de programación e tecnoloxía e que ademias son unha referencia a nivel galego tendo recibido xa varios premios. Hai pouco recibían unha mención pola creación dun adestrador de rutinas que poderán usar os usuarios de Aspaber, despois do premio que recibiron o ano pasado polo proxecto.

A día de hoxe existe a oferta dúas materias de libre configuración autonómica que son específicas do eido tecnolóxico, como son Programación (en ESO) e Robótica (en Bacharelato).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/alumns-do-ies-monte-neme-crean-un-adestrador-de-rutinas-de-aseo-para-facilitar-a-vida-dos-membros-de-aspaber/ https://quepasanacosta.gal/o-ies-monte-neme-recibe-un-premio-para-levar-a-cabo-un-proxecto-tecnoloxico-sobre-a-igualdade/

Comentarios