Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Dous sendeiristas precisan de axuda sanitaria facendo o Camiño dos Faros por Ponteceso e a Ruta da Auga de Zas

Muino na Fervenza de Budian na Ruta da Auga de Zas
Unha muller caía na zona da Fervenza de Budián
Dous sendeiristas precisan de axuda sanitaria facendo o Camiño dos Faros por Ponteceso e a Ruta da Auga de Zas

Domingo de abafante calor na Costa da Morte, que dende logo prestaba para saír a pasear pola nosa natureza. Pero cómpre ir ben preparado, e andar con moito coidado para evitar sucesos como os que aconteceron esta tarde.

Un home tivo que ser evacuado en helicóptero de Salvamento Marítimo despois de sufrir unha indisposición mentres realizaba o Camiño dos Faros, a altura de Punta das Eiras, en Ponteceso. O 112 mobilizaba Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Ponteceso, os Bombeiros de Bergantiños, o Servizo Municipal de Protección Civil, a Garda Civil e o Servizo de Gardacostas de Galicia. Salvamento Marítimo tamén mobilizou un helicóptero de rescate, que finalmente foi o medio que evacuou ao home ata o Aeroporto de Alvedro e, posteriormente, e de aí o CHUAC en ambulancia.

Tamén pola tarde, arredor das 16:45, unha muller tiña que ser atendida ao mancarse tras caer preto da Fervenza de Budián. O 112 mobilizo Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e pasou aviso á Garda Civil e aos Bombeiros de Xallas para colaborar no traslado da persoa ata a ambulancia desprazada.

Comentarios