Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os edís socialstas lamentan a "indiferencia" do PSOE Provincial ante "o desmorone institucional de Ponteceso"

Máis leña ao lume da crise do PSOE de Ponteceso. Hoxe, os 5 edís socialistas contrarios ao seu alcalde, lanzan un escrito en contra da Comisión Provincial, lamentando a súa “indiferencia ante o desmorone institucional do Concello de Ponteceso provocado polo alcalde e o seu asesor”.
Casa do concello de Ponteceso
Os edís socialstas lamentan a "indiferencia" do PSOE Provincial ante "o desmorone institucional de Ponteceso"

Comunicado dos edís

Incredulidade e indignación son as palabras máis usadas entre os veciños e veciñas de Ponteceso para expresar a actitude do PSG-PSOE ante o que está a acontecer no Concello, co agravante de que chove sobre mollado

Todas as polémicas débense a particular forma de entender o liderado e de exercer os cargos tanto instituiconales como de partido por parte do Sr. Carballido e o seu asesor, baseando todo na pretensión de submisión de todos os demáis ós dictados deles, e no ocultismo e falta de transparencia, participación e exclusión dos compañeiros de goberno e partido.

Todo esto non é novo, de sobra son coñecidos os enfrontamentos e liortas cos traballadores e funcionarios do Concello, cos traballadores do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais), cos voluntarios da anterior Asociación de Protección Civíl ata que conseguiu desbaratala, cos seus compañeiros de partido e socios de goberno na pasada lexislatura. E xa recentemente nesta nova lexislatura volta ós problemas coa Asociación de Protección Civíl, que vai no mismo camiño de desbarate, polo malestar dos voluntarios ante as insinuacións do Sr. Carballido dun uso inadecuado dos médios de que dispoñen, problemas graves cons seus compañeiros de partido e de goberno (6 concelleiros dun total de 8, por se alguén non o sabe), enfrontamento e división na Agrupación Socialista do Concello, e o último de todo o descabezamento d Agrupación tras a dimisión Executiva municipal.

Esto é coñecido dende fai tempo pola Comisión Executiva provincial pero renunciando ás súas funcións, entre ela a resolución dos conflitos internos xurdidos no ámbito provincial, seguen desamparando ás partes máis débiles negándose inclusive a coñecer tódalas versións do que acontece.

Aínda máis grave, de confirmarse a negativa (independentemente do resultado final) á apertura de expediente ó Alcalde pola presunta entrega de vídeos grabados na alcaldía a un medio de comunicación co fín de denigrar a uns compañeiros seus de goberno e partido.

Esta postura de parte a priori por parte da Comisión Executiva, coñecidos os antecedentes do Sr. Carballido, é a principal causa de indignación entre afiliados e veciños.

  • Asinado: Os 5 edís socialistas contrarios ao seu alcalde.

 

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios