Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fabas, deporte e chuches de outono na fin de semana pontecesá

Fabas, deporte e chuches de outono na fin de semana pontecesá
Racion na Feira das Fabas de Ponteceso-Foto-Rebeca Vila Ración na Feira das Fabas de Ponteceso-Foto-Rebeca Vila

As protagonistas foron as Fabas, sen dúbida. Case 300 kg de fabada servíronse na 27ª edición da Feira das Fabas da Trabe de Ponteceso, onde pediron que a declaración de Festa de Interese Turístico Galego.

Pero ademais de gastronomía, a fin de semana pontecesá tivo tempo para todo. Este ano foi a Asociación Abellariza a que amenizou a Feira das Fabas da Trabe, e fíxoo con moito deporte misturado con diversión e chuches propias deste tempo coma son as castañas, a rosca, e o chocolate.

Carpa da Abellariza en Ponteceso Carpa da Abellariza

Máis de 200 personas pasaron pola carpa do Magosto Deportivo da Abellariza, ou tamén denominado por eles mismos coma O Día do Deporte na Rúa. No campo da feira houbo equipos improvisados de volei, badminton, baloncesto, futbol e tenis de mesa. Dende os máis cativos ate un equipo femenino de baloncesto de mulleres que alí estaban cos seus fillos, e algunha cos seus netos.

Finalmente consumironse 30 kg de castañas, 25 litros de chocolate, é cinco roscóns talla XL, iso pode dar unha idea das forzas que gastaron todos os asistentes a este evento.

A organización quedou moi contenta coa resposta da xente, e xa están preparando a próxima andaina do día 12 de novembro, na que percorrerán o segundo tramo da 2ª Etapa do Camiño dos Faros, dende Corme ate Ponteceso, lembrando que o primeiro tramo tivo un rotundo éxito de participación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios