Sábado. 20.04.2024
El tiempo

"O final dun legado paisaxístico e cultural?

Carlos Penedo volve alzar a voz sobre o impacto do Parque Eólico das Salgueiras.
Cruceiro das Salgueiras
Cruceiro das Salgueiras
"O final dun legado paisaxístico e cultural?

"Hai homes que loitan un dia e son bos,
outros loitan un ano e son mellores,
hainos que loitan moitos anos e son moi bos, p
ero os que loitan toda a vida,
e eses son imprescindibles"

Bertolt Brecht.

O Plan Sectorial Eólico de Galiza é do ano 1997, e a lei que regula este Plan é do ano 2002.Cando se elaborou o plan eólico de Galiza non se tivo enconta a normativa da paisaxe.O proxecto As Salgueiras encadrase dentro deste plan sectorial eólico obsoleto.

Non son contrario as enerxias renovables, son contrario a proxectos eólicos abusivos co rural. O das Salgueiras é abusivo. Atentado contra o patrimonio paisaxistico e cultural. Peta contra Monte Branco, esteiro do Anllóns, praia de Balarés, Cantis do Canteiro, Brañas de Gondomil.

Atentado contra o patrimonio arqueolóxico. Cruz e cruceiro das Salgueiras, camiño real, mámoas (2) na Carballa, capela de San Adrian Vello.

Un parque eólico nas aldeas trae para súa veciñanza o empobrecimento do seus bens. Unha casa e as leiras que estan próximas ao parque, perden valor.Tamén un parque eólico abusivo trae o despoboamento. Ninguen quer mercar unha casa perto dun parque eólico. O parque eólico Salgueiras é ilegal. Neste enlace vén moi ben explicado.

Termino con dous comentarios:
Non me consta ningún comunicado ao respecto de partidos e agrupacións políticas do concello son reste asuno.

E, por favor, non ten explicación, a Fundacion Eduardo Pondal que pensa deste roubo?

Cruceiro das Salgueiras no -PARQUE EÓLICO DE SALGUEIRAS-IMPACTO  PAISAXISTICO
Ubicación do parque eólico, moi preto do Cruceiro das Salgueiras. Fonte: Plataforma SAR e Colectivo A Rula
O poema n° 60 do tomo III das Obras Completas de Pondal di así:
 

O cruceiro é o límite entre Corme e Cospindo,
onde facían os tratos das reses,
atando a vaca, o boi ou o cuxo ao varal do cruceiro
namentres chocaban as mans compradores e vendedores.

Aquí, Pondal fala do cruceiro das Salgueiras…

  • Carlos Penedo Casmartiño, ex concelleiro polo BNG en Ponteceso e membro da Rede Galega por un Rural Vivo.

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Comentarios