Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Vacas 'inmobilizadas' en Ponteceso

Fotodesfeita: Vacas 'inmobilizadas' en Ponteceso
Vacas con pexas por Corme Aldea Vacas inmobilizadas con pexas por Corme Aldea Tiñamos visto outras calamidades na comarca. Algún que outro cabalo con “pexas”, por exemplo, ou algunha detención por maltrato animal. Pero ata agora pensabamos que na Costa da Morte as vacas eran máis sagradas que na India. Parece que non en todas partes, segundo denuncia a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber. Os colectivos veñen de enviar unhas fotos dunha manda de vacas coas patas atadas á súa cabeza, provocando unha considerable limitación dos seus movementos naturais e habituais. Isto foi o que se atopou e fotografou un grupo de turistas mentres visitaba o Faro Roncudo. A entidade sinalaba Corme como o punto de poboación máis cercano, pero segundo nos confirmaban varios veciños, pode ser que o lugar sexa da parroquia de Brantuas, no Concello de Ponteceso. Vacas inmobilizadas con pexas por Corme Aldea 2 As entidades enviaron a denuncia á Consellería de Medio Rural, que fixeron varias inspeccións sen resultado, e lembran que casos coma estes poderían ser sancionado, como infracción leve, con ata 600€, pero si se determinasen lesións ou deformidades o autor enfrontaríase a un máximo de 6.000 euros. En todo caso, Animalistas piden que sexa a colaboración veciñal, que sexan os veciños, comprometidos co benestar animal, os que salga don "pacto de silencio", e que consigan acabar con estas prácticas de maltrato continuado, que provocan un sufrimento atroz nos animais e poden causar a morte, xa que non é habitual que un bóvido ou équido con estes aparellos dispoña dunha adecuada atención veterinaria.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/sen-pexas-desagradable-mapa-de-cepos/

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook:

Fonte

Comentarios