Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Froxán, a aldea da música, acolleu o primeiro concerto en homenaxe a Mourelle

A Asociación Cultural Insua de Viastela anunciou xa o programa cultural para un completísimo mes de xullo
Concerto na aldea de Froxan
Froxán, a aldea da música, acolleu o primeiro concerto en homenaxe a Mourelle

Menudo lugar máis máxico o que escolleu a Asociación Cultural Insua de Viastela para o seu primeiro concerto no marco da homenaxe ao Bicentenario de Mourelle da Rúa. O son da auga da fonte de Froxán mesturouse coa música de Haydn, o primeiro dos contemporáneos do almirante cormelán sobre os que xiran estas homenaxes.

Foi Suso de Basilio, a enciclopedia musical da vila, a que presentou, con sentimento, a sesión, dando paso a Cecilia Burillo e a Simón Gallego, que fixeron as delicias dos presentes.

Concerto na aldea de Froxan 23

Novos actos

A entidade xa presentou o seu programa para o mes de xullo. Comezará este mércores cunha serie de saídas de lectura, baixo a onda da Tremosa na Estada, repasando libros de aventuras nas que Mourelle é protagonista.
O vindeiro vernes será Fernando Patricio Cortizo o que presente os seus contos de salitre, e para o sábado haberá novo encontro arredor da viaxe a Alaska en 1775 e un paseo nocturno.

ASociacion Cultural Insua de Viastela Cilo Mourelle da Rua

Homenaxe ao Padova

Igualmente esta fin de semana tivo lugar a inauguración da pedra e do panel informativo que lembra o naufraxio do Padova na zona do Roncudo. A directora Xeral de Turismo, Nava Castro, os edís non adscritos e os do PP asistiron a este acto da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme.

Homenaxe ao Padova

Novas relacionadas

comentarios