Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Horta do CRA Nosa Señora do Faro, premio nacional de boas prácticas

Prenmio para Horto infantil do CRA Nosa Senor do Faro POnteceso
A Horta do CRA Nosa Señora do Faro, premio nacional de boas prácticas

A comarca de Bergantiños é potencia en materia de horta infantil. Carballo é todo un exemplo, pero unha das máis devanceiras está en Ponteceso.

A horta do CRA Nosa Señora do Faro é unha das mellor traballadas de todo o estado. O ano pasado xa levou o galardón “Líderes en calidade”, outorgado pola Fundación Expourense en recoñecemento e ese modelo de xestión. Este ano vén de ser nomeada como gañadora do Premio Huertos Educativos Ecológicos, que outorga a Asociación Vida Sana e da Fundación Triodos, que trata de distinguir os proxectos que destacan polo uso do horto e da natureza como instrumento de transmisión de coñecementos, valores, arte social e agricultura. A pontecesá leva o primeiro premio en categoría infantil, levando unha contía de 1.000 euros para reinvertir na mesma.

A rapazada da Escola de Tella contou coa axuda da mascota de aula "O inspector Drilo", o encargado de ir propoñendo aos nenos e nenas diferentes actividades e tarefas de investigación relacionadas coa agricultura ecolóxica e o coidado do medio ambiente.

O acto de entrega celebrarase o 22 de novembro na sede da Fundación Triodos, en Las Rozas (Madrid).

Novas relacionadas

Comentarios