Venres. 29.03.2024
El tiempo

O MACCMO consolídase como punto de referencia da cultura e a arte

Exposicion de Pataches no MACCMO
Exposicion de Pataches no MACCMO
O MACCMO consolídase como punto de referencia da cultura e a arte

Este verán supuxo un punto e aparte na relación do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte coa Costa da Morte. O museo cormelán foi un dos grandes fervedoiros culturais acollendo multitude de actividades arredor da cultura e a arte tanto galega como nacional, implicando ademais á veciñanza, como o refrenda a colaboración coa activa Asociación Insua de Viastela ou o mosaico colaborativo que viste a fachada do edificio.

bandeirola do MACCMO

Exposicións

Foron varias as exposicións que luciron no MACCMO este verán. Sen dúbida, a presentación da exposición "Abelenda- Íntimo e inédito", foi un dos acontecementos máis importantes que durante este verán acolleu o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. Unha exposición quese compón das creacións de Alfonso Abelenda, un dos grandes creadores plásticos galegos, sendo a peza principal un gran cadro de 1997, titulado “Autorretrato ou máscara cos pinceis”, trátase dunha atrevida visión do último retrato: “A máscara mortuoria”. Este cadro tan só se expuxo ao público no seu funeral e agora dous anos despois no espazo cormelán.

Por outra banda, o MACCMO e grazas á colaboración da Asociación Cultural Ínsua de Viastela de Corme e o Concello de Ponteceso, achegou de novo os barcos á nosa comarca, coa exposición fotográfica "Barcos mercantes - pataches feitos na Ría do Anllóns - Unha ollada á construción nos nosos estaleiros”, que tivo unha gran acollida.

“Un mar de relatos”

Lectura relatos curtos MACCMO_2

Outra das actividades que vertebraron o verán foi o ciclo de lectura de relatos curtos “Un mar de relatos”, organizado pola Asociación Cultural Ínsua de Viastela, que se levou a cabo todos os mércores do mes de xullo e agosto.
Pero tamén a través das presentacións que se desenvolveron de diversas obras literarias. Presentacións como a do libro "O tesouro de Brando" de Manuel Regueiro González Barros; do poemario "A estrela de Anís" de Encarnación Pisonero, presentado por Ánxeles Penas, tradutora ao galego da obra ou a presentación da obra "Cosas vivas" de Antonio Nieto Rodríguez. Tamén Mariña Regueiro escolleu o museo de Corme para presentar o seu libro, co-autora xunto con Rocío Utray, "Poemas e haikus” nos mesmos días nos que tamén levou a cabo, un ano máis, o curso intensivo de encaixe.

Conferencias

LIbro Maccmo

Tamén serviu para acoller conferencias e charlas sobre temáticas diversas, dende a situación das minorías nos Estados Unidos pasando por analizar personalidades importantes da cultura do noso país como o escultor José Luis Fernández. Así o MACCMO, acolleu entre outras, a conferencia "Sabiduría oculta del Camino de Santiago" desenvolvida por Ilia Galán; "Made in USA. Cuando las minorías tocan el poder" da man da xornalista catalá Nuria Ribó; a charla da actriz española Arantxa de Juan sobre a obra de teatro "Unha muller perigosa" escrita, dirixida e interpretada por ela ou a proxección e charla-coloquio sobre o escultor José Luis Fernández, creador da actual estatua dos Premios Goya, na que participou a súa filla e tamén escultora Natalia Fernández.

Novas do MACCMO

Comentarios